Montse Betanzos, a tecedora de colares da Toxa

Montse Betanzos deixou o seu emprego para erguer unha empresa creando xoias ou bolsos a partir de cunchas de mar
Montse Betanzos na súa tenda amosando os produtos que crea a partir de cunchas do mar
a múltiples obxectos dende os tradicionais colares ata sombreiros, zapatos e bolsos. J.OUBIÑA
photo_camera Montse Betanzos na súa tenda amosando os produtos que crea a partir de cunchas do mar a múltiples obxectos dende os tradicionais colares ata sombreiros, zapatos e bolsos. J.OUBIÑA

Como toda boa tradición que vén do mar, é achegada mdende xeracións pasadas e isto é o caso das tecedoras de colares: mulleres que aproveitaban as cunchas do mar para facer xoias e vendelas aos visitantes que se achegaban á zona. "O oficio comezouno a miña avoa e logo as fillas seguiron. Non era a fonte de ingresos principal da familia, era un complemento", explica Montse Betanzos a orixe, no seu caso, dun oficio tradicional no seu fogar, na Illa da Toxa. Para esta muller reconectar con esta vella tradición familiar non só supuxo levar cartos á casa duranteá crise do 2008, se non que tamén foi a peza chave para co tempo, crear a súa propia empresa e revalorizar así unha profesión, máis coñecida por ser unha cuestión turística, poñéndoo en valor entre a acreditación da Artesanía de Galicia.

Algúns dos elementos que conforman as pezas con cunchas. J.OUBIÑA
Algúns dos elementos que conforman as pezas con cunchas. J.OUBIÑA

Hoxe, esta empresaria ten a súa tenda física propia que ten o seu nome de forma homónima en O Grove onde tamén esta o seu obradoiro. Alí tamén traballan a súa nai e a súa avoa creando pezas únicas para vender a moitos puntos de España grazas aos mercados de artesanía aos que van como grazas á súa tenda online. "Grazas a que lle demos proxección nós, segue a haber collareiras se non deixerían de existir", conta a empresaria.

INICIOS. "Eu antes de montar a empresa só adicábame a esta profesión, cando era estudante para sacar uns cartos para ter uns ingresos extra na Illa da Toxa ou, logo, combinando co traballo fixo", relata Montse ao comezo da súa historia persoal. Para esta collareira, a vocación non foi algo que lle viñera ao principio da súa vida, de feito, indica que "foi algo recente. Eu estudiei a carreira de Relacións Laborais e logo adiqueime toda a miña vida a traballar nunha empresa privada, e non foi ata os 40 anos que decidín facer un cambio e adicarme por completo a isto", explica Betanzos. Ela foi unha das persoas que en plena crise decidíu armarse de valor e atreverse a lanzar unha nova empresa. "Deixei o meu traballo fixo e decidín adicarme a isto e seguimos así ata o de agora".

Un dos colares creados por Montse no seu obradoiro e que se atopan na tenda física e na online. J.OUBIÑA
Un dos colares creados por Montse no seu obradoiro e que se atopan na tenda física e na online. J.OUBIÑA

Para Montse o oficio "segue sendo o mesmo sistema de mercado e a mesma técnica a empregar", comenta mentras recordaba que os colares de cunchas eran un obxecto que se vendían, principalmente, á xente que viña facer turismo pola zona "cando empecei a entrar de forma seria neste oficio vin que podía ter algo máis de fundamento", decidiron traballar baixo o paraugas da Artesanía de Galicia.

RELEVO XERACIONAL "Non sei si haberá homes ou mulleres, pero non sei si haberá relevo xeneracional. Faltan mozos nos oficios
tradicionais", di Betanzos.