O cinemóbil de José Gil chega esta semana ao Grove con varias proxeccións

Visitará o municipio meco os días 2 e 4 de novembro con diversas actividades
Imaxe do Cinemóbil 3 de José Gil. DS
photo_camera Imaxe do Cinemóbil 3 de José Gil. DS

O cinemóbil de José Gil recalará de novo na comarca do Salnés. Neste caso será o municipio do Grove quen acolla diversas actividades cun obxectivo común: dar a coñecer e poñer en valor ao grande pioneiro do cinema galego, quen tivo vencellos con a vila meca nalgún momento da súa traxectoria. 

Np que respecta ao Grove, polas boas relacións que mantiña Gil con Jaime Solá o complexo termal de A Toxa será unha localización de referencia dende as primeiras filmacións: Visita de los periodistas ingleses en 1910 coa actuación da coral “Aires da Terra“, dirixida por Perfecto Feijoo; Asimesmo, é a localización principal da primeira ficción do cinema galego, Miss Ledya, en 1916. A reportaxe sobre a bendición de automóbiles na Toxa en 1919; Vistas do Balneario e o Gran Hotel aparecían na revista Galicia films, en Pontevedra y sus paisajes (1924); e tamén no documental industrial Jabones de la Toja (1927), e Pontevedra (1934). No Cine Besada (O Grove) proxectábase o Noticiario de Galicia (anos 30).

En canto ás actividades a realizar no Grove, a xornada do xoves 2 comezará pola mañá con proxeccións para enctros de ensino e visitas ao cinemobil nº 3 que terá lugar no Auditorio Municipal. Xa pola tarde, no mesmo emplazamento, realizaranse proxeccións de balde para o público xeral, en horario de 20.00 a 21.30 horas.

O sábado 4 representarase, dende as 10.00 no Auditorio, terá lugar a presentación Nos días encantados de agosto, ademáis de visitas ao cinemóbil nº 3. Para rematar a xornada, de 13.00 a 134.00 horas a Banda de Música de Castrelo de Cambados porá a nota musical na sesión vermú.

Cartaz das actividades do cinemóbil de José Gil no Grove. DS
Cartaz das actividades do cinemóbil de José Gil no Grove. DS