La Casa Azul conquista o Marisco do Grove con 6.500 asistentes ao concerto

Concerto de La Casa Azul en O Grove. MIGUEL RUBIO
O vocalista Guille Milkyway convidou a todo o mundo á vila meca para “desfrutar do mellor marisco do mundo"

La Revolución Sexual de La Casa Azul, un dos temas máis coñecidos da banda catalana, foi en verdade unha revolución no Grove. Porque a agrupación liderada polo vocalista Guille Milkyway puxo patas arriba a Carpa dos concertos da LX Festa do Marisco do Grove, onde unhas 6.500 persoas encheron a estrutura loxística e a súa contorna para desfrutar do indie-pop de La Casa Azul.

Concerto de La Casa Azul en O Grove. MIGUEL RUBIO

Milkyway invitou a todo o mundo antes do concerto á vila grovense para “desfrutar do mellor marisco do mundo”. E durante a súa actuación, recoñeceu que a banda tocaba nun “lugar máxico”. Non foi para menos, pois a entrega do público foi total. Desde o seu No hai futuro co que abriron con aire futurista a actuación ata chegar ao penúltimo tema, La Revolución Sexual

Concerto de La Casa Azul en O Grove. MIGUEL RUBIO

A súa coñecidísima canción foi o gran momento dun concerto que se alongou máis aló da hora e media. Aínda que xa nese treito final a agrupación lograra meterse no peto a un público que acudiu con gañas de festa a O Grove e á que lle deu continuidade DJ Permanente coas súas mesturas.