Budiño pecha unha exitosa primeira fin de semana da Festa do Marisco

A outra das citas dominicais foi o Concerto de Habaneras da Coral Polifónica da Cofraría de Pescadores San Martiño do Grove
Concierto Budiño en O Grove Festa do Marisco. CEDIDA
photo_camera O concerto de Budiño pechou a primeira fin de semana da Festa do Marisco. CEDIDA

O concerto de Budiño foi o broche de ouro a esta primeira fin de semana da LIX edición da Festa do Marisco do Grove, que tivo unha gran afluencia de visitantes.

O gaiteiro moañés subiuse ao escenario da Carpa de concertos na noite deste domingo para interpretar ante unha gran multitude un repertorio variado das súas mellores melodías.

Este foi o acto central deste primeiro domingo da Festa do Marisco, á que se achegaron milleiros de visitantes chegados desde diferentes partes de España e de Europa.

Tras o tradicional VII Encontro de Vespas e Lambretas que tivo lugar pola mañá, os máis pequenos e pequenas puideron gozar na xornada vespertina das actividades infantís e os xogos tradicionais na contorna da Praza do Corgo.

E o outro acto destacado da do día foi o Concerto de Habaneras da Coral Polifónica a Cofraría de Pescadores San Martiño do Grove, que ás 20 horas actuou no Auditorio do Grove.

Ao longo desta semana seguirase vendendo o mellor marisco nos stands das Carpas Degustación e na Carpa de concertos actuarán bandas locais como David Chiquillo, A banda do sequío ou Fla Meco. 

A Festa factura 224.000 euros na súa primeira fin de semana

A primeira edición da Festa do Marisco post pandemia está a ter un éxito incontestable. Dende o inicio da festa e ata o peche de caixas de este domingo, sobre as 16.30 horas, a organización rexistrou unha facturación total de 224.283 euros, cun total de tickets entregados de 40.815. 

A xente respondeu á chamada do Concello para participar nunha das festas grandes da vila. Tal é así que o sábado e o domingo, repartíronse unha media de 1.000 racións por hora.

A meirande parte dos comensales que se achegaron nesta fin de semana procedían de Pontevedra, seguidos da Coruña, e de Madrid, Asturias e Barcelona a nivel estatal. A Festa do Marisco traspasa fronteiras e xentes de Portugal, Francia, Reino Unido ou Alemania non dudaron en probar as numerosas degustacións ofertadas nesta cita gastronómica.