Antón Lezcano faise co Concurso de Carteis da Festa do Marisco do Grove de 2023

O concursante, procedente da Coruña, xa fora o vencedor nas edicións do 2012, 2017 e 2018. Trátase dunha persoa moi vinculada ao Grove, que pasa todos os veráns na vila e forma parte dun equipo de chave local
Entrega do premio do Concurso de Carteis da Festa do Marisco de 2023. DP
photo_camera Entrega do premio do Concurso de Carteis da Festa do Marisco de 2023. DP

A Festa do Marisco do Grove deu a coñecer este mércores o nome do gañador do Concurso de Carteis para o ano 2023 que de novo foi, o coruñés Antón Lezcano. O alcalde, José Antonio Cacabelos, fixo entrega do galardón nun acto celebrado na Carpa Institucional na Praza do Corgo, onde se fixo público o que será o cartel da Festa do Marisco no ano 2023, na súa edición número LX.

Antón Lezcano é un coñecido deseñador gráfico coruñés e moi vencellado ao Grove, que xa participara varias veces no Concurso de Carteis, gañando tres veces máis en anterioridade de ocasións: no 2012, no 2017 e no 2018. O artista coruñés quixo facer “referencia ao Grove, introducindo o centolo dalgún xeito, aínda que fora dunha forma implícita máis que explícita, así a xente pode ter ese sentimento de pertenza cara a súa vila e segue representando a súa vinculación ao mar ao resto do mundo”, explicou.
 


O gañador pasa todos os veráns na vila, e ademais pertence a un equipo local do xogo popular da chave.

O rexedor local felicitou ao gañador do premio e declarou que “é moi grato que gañe este concurso unha persoa cunha gran vinculación ao Grove e á Festa do Marisco como Antón, que sempre que pode escapa cara o sur e volve visitar O Grove”.
Cacabelos quixo dar os seus parabés a todos os participantes do Concurso desta edición e animounos a participar de novo no certame para realizar o cartel do ano 2024”.


Concurso de Aceites Abril “Facendo Mellor aos Mellores”

Ao remate do Concurso de Carteis coñeceuse tamén ao gañador do Concurso de Aceites Abril “Facendo Mellor aos Mellores”. O agraciado con este premio recibe aceite para todo un ano calculado para unha familia de catro persoas.
O recibo ticket agraciado repartiuse na Caixa 6 e levaba o número 193.