As Xornadas ‘Meus Viños’ promocionan a actividade vitivinícola de Meis

O evento exténdese toda a fin de semana cunha proposta chea de sabor, gastronomía e música
Autoridades brindando en la inauguración de Meus Viños
photo_camera O brindis institucional na inauguración de 'Meus Viños'. DS

Arrancaron o venres na Casa de Escudeiro as III Xornadas de Autopromoción Vitivinícola de Meis, ‘Meus Viños’, co Tunel de viño internacional de man de Adrián Guerra Gutiérrez, percorrendo todo o mundo nunha viaxe para coñecer os viños máis representativos dos principais países vitivinícolas. E o sábado tivo lugar a inauguración do evento coa apertura das casetas, o pregón a cargo de Dolores Calvo, veciña de Meis e presidenta da cooperativa Condes de Albarei, e o brinde institucional, no que participaron a presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva, varios alcaldes e representantes municipais da comarca do Salnés, así como Marta Giráldez, rexedora do Concello de Meis e anfitriona desta festa de ensalzamento do viño local.

As xornadas exténdese toda a fin de semana cunha proposta chea de sabor, gastronomía e música. Entre outras actividades, destacaron a actuación de Os druídas y Raúl & Cía ao longo da xornada do sábado e un showcooking a cargo do cociñeiro Antonio Botana co maridaxe de Pazo Cilleiro, que tivo un prezo de 10 euros e un aforo máximo para 50 persoas. Non faltou unha charla sobre o libro ‘A nación dos mil viños’.

Ademais para o domingo está prevista a apertura das casetas de degustación as 12:00 horas, e logo o concurso de catas amateur co sumiller cambadés José Luis Aragunde, que no ano 2015 proclamouse campión do Mundo de Cata e que na actualidade organiza o Campionato de España de Cata. A ambientación musical correrá nesta ocasión a cargo de O Trevo e Los Alcántara.

No evento organizado polo Concello de Meis para promocionar as firmas vitivinícolas ubicadas no municipio o con algunha vinculación, participan este ano trece bodegas, ademáis das cooperativas: Martín Códax, de Cambados; Paco y Lola, de Meaño; e Viña Almirante, de Portas.  A previsión é que as xornadas igualen o superen o gran resultado de participación e asistencia de público no primer ano desta festa do viño, no 2019.