Xoán Manuel Vázquez (BNG): "O BNG é unha lista feita para gobernar con proxectos xa feitos"

O candidato nacionalista volverá a concurrir nas municipais para liderar ao seu partido como no ano 2019, no que acadou un concelleiro, resultado que busca mellorar o 28-M 
Xoán Manuel Vázquez, candidato do BNG de Meis. DS
photo_camera Xoán Manuel Vázquez, candidato do BNG de Meis. DS

Cal sería o proxecto que lle gustaría que se fixese realidade con máis rapidez no caso de saír elixido?
Levamos dous proxectos divididos en tres partes. O primeiro sería intentar alcanzar o saneamento, pero como sabemos que iso vai a moi longo prazo, temos pensado a contratación inmediata, como xa fixo en moitos concellos o BNG, dunha cisterna para limpar as fosas sépticas e os pozos negros a toda a veciñanza ata que non lle podamos dar o servicio de saneamento. E a segunda, inmediata, porque xa temos o proxecto feito, facer a ruta de bus interparroquial, unido cunha proposta que xa temos tamén feita e metida no Plan de Mobilidade de Meis, que é o taxi a demanda.

Repite como alcaldable polo seu partido. Que factores mudaría con respecto á sua anterior candidatura?
Primero, xa teño unha experiencia que antes non tiña e a antigua candidatura iba máis destinada a unha oposición. Tiñamos moi claro que había que sacar de aquí ao PP, e o BNG foi o que fixo sen pedir absolutamente nada a cambio. Agora mesmo o BNG é unha lista feita para gobernar con proxectos xa feitos. E demostramos que os temos feitos. Non temos ideas de que ímos a facer. Nós, esta vez, esta candidatura, aquelas ideas, xa están proxectadas, están feitas para levar a cabo na primeira parte da lexislatura. Iso é a maior mudanza que temos. Somos unha candidatura moi madurada que xa está feita para gobernar dende o primeiro día. 

De precisar as demais formacións da súa axuda para formar goberno, estaría disposto a unirse a outro partido?
Somos a única forza que dá resposta a esa pregunta. Primeiro, fai catro anos, xa dixéramos que, se de nós dependía, non gobernaba o PP. Cumplimos ao 100% a nosa promesa. Agora, temos moi claro que nos ímos a presentar a alcaldía. E unha vez que nos presentemos aalcaldía, non se poden facer futuribles sobre o número de escanos que imos sacar, pero estamos dispostos a falar con quen faga falta. Pero o BNG preséntase esta vez á alcaldía. Son as outras forzas as que teñen que decidir se nos escollen a nós ou non.

Meis é o municipio menos poboado do Salnés, e segue perdendo poboación. Que medidas tomarían dende o BNG para reverter esta situación?
É unha pregunta moi curiosa porque levamos dicindo isto dende fai tempo. Na nosa contorna hai dous concellos que crecen de poboación, que son Barro e Poio. E os dous son gobernos do BNG. Son medidas de sentido común. Non existen as receitas máxicas e aquí o que temos que facer é o bus interparroquial, o saneamento, dedicarnos a servizos básicos e eliminar os grandes proxectos que son fracaso e non serve para nada. Lembremos hai 4 anos o parque acuático, lembremos agora que os outros partidos soamente presentan proxectos de grandes construccións. Os servizos básicos son unha cosa moi importante en Méis. Os veciños entran cun problema e saen con oito. Cambiar unha tella neste concello é dificilísimo. E todo porque temos unha asesoría técnica que en vez de asesorar dá problemas aos veciños. E iso tamén é moi importante. 

Propoñen relanzar a parcelaria de San Martiño-A Armenteira. De que xeito?
Somos os únicos que facemos algo realista. Fai catro anos foi ridículo o que fixeron e agora comezan a vir aquí, xente, a decir cousas. E cando digo xente son técnicos da parcelaria. O BNG foi o único partido que o levou ao Parlamento. Levamos xa dúas proposiciós. O que decimos é: non se pode tomar máis o pelo á xente, pódese dicir que a xente ten secuestrados os seus terreos. Ou se relanza imediatamente a parcelaria cunha dotación orzamentaria, ou do contrario que se desacepten as terras para que o a xente teña moi claro que non se vai facer a parcelaria. A parcelaria leva desde o ano 1999. O unico que fixeron foi entrar na sección 2, e a partir de ahí paralizouse. Estamos a falar de que chegaron a partir en dous entre San Martiño e Armenteira. Temos dous sectores absolutamente paralizados. Polo tanto a xente ten as súas terras que non sabe se son súas ou non son súas. Ou se relanza inmediatamente con presuposto orzamentario, ou que se coñeza que non se pode levar a cabo a e devolvan os titulos de propiedade da xente. 

Na súa defensa a favor dos médicos e persoal sanitario, que medidas adoptarían para mellorar a situación no municipio?
Hai que ser moi realista. O único que podemos facer é participar do que é esa sociedade, neste caso sociedade civil, onde o BNG forma parte dela. Somos un grupo absolutamente activo na participación de SOS Sanidade Pública do Salnés. Somos o grupo que levou ao representante, para que puidera presentar as suas propostas ao pleno, e ademais presentamos as mocións de SOS Sanidade Pública que foron votadas por unanimidade. O que temos que ter moi claro é que, dende un Concello, o único que podemos facer é presionar e demostrar que estamos sen médicos. Pero en Meis parece ser que a batalla é quen vai a construir o centro médico. Que fagan o edificio cando queiran. Pero, hoxe, precisamos médicas, hoxe precisamos persoal sanitario, hoxe precisamos pediatra. Creo que si o que imos facer é ir a Sanidade, a falar tanto do centro médico, imos perder forza no que se necesita. E sendo moi realista, o Concello o único que pode facer é unha loita dende todos os ámbitos, como fixo o BNG: carábanas de coches, presentar sinaturas, levar xente ás manifestacións, manifestarnos diante do centro de saúde, porque cando o facemos, funciona. É unha loita implicando a toda veciñanza. O Concello non ten capacidade para facer outra cousa. 

Que aspectos mudarían das medidas adoptadas polo PSdeG nos últimos catro anos?
Comezamos moi ben, cun acordo que temos asinado, como debe ser, moi concretado. Pero ao chegar a pandemia, o BNG sacou un comunicado, falamos con eles, polo cal o que fixera a alcaldesa ben feito estaba. O BNG non fai política en pandemia. Falamos de Concellos. O BNG, aquí en Meis, non fixemos política en pandemia. Rematou a pandemia, e a forma de mudar do Partido Socialista foi bestial. O que antes era o BNG simplemente dicir: aquí hai unha inundación, aquí hai unha farola, aquí hai un problema, tan só recibiamos insultos gravísimos. A min chegáronme a dicir o "Jácome" de Meis. O mellor que hai que solucionar do Partido Socialista é que nos últimos anos, salido de pandemia, están vivindo exclusivamente para a opinión pública. Dalles o mesmo a realidade, o único que lles interesa é a foto. E logramos sacar o SAF, que querían deixar sen pagar incluso o servicio deproxectos. Os proxectos do PSOE non os imos levar a cabo. O BNG non vai gastar máis de dous millóns de euros en reconstruir a Casa de Parga cos problemas que temos. O BNG non se vai adicar a por estatuas cando temos que facer un autocar, cando temos que solucionar o saneamento, cando temos que levar traídas de auga que, por desgracia, vai ser algo do que falemos na maioría dos concellos.