Rescatados sete cachorros que foran arroxados por un terraplén en Meis

Os cans, que contaban cunha semana de vida, chegaron ao centro de acollida de Armenteira en estado moi grave
Os cachorros rescatados en Meis permanecen no CAAN. DP
photo_camera Os cachorros rescatados en Meis permanecen no CAAN. DP

Persoal do Centro de Acollida e Protección Animal (CAAN) da Deputación de Pontevedra logrou rescatar en Meis unha camada de sete cachorros que foran arranxados por un terraplén metidos nun saco de penso. Os animais, con tan só unhas semanas de vida, chegaron ás instalacións da Armenteira en pésimas condicións e un deles faleceu, mentres que o resto estanse a recuperar.


De momento, as tres femias e os tres machos da camada, aos que o persoal do centro bautizou cos nomes de Silva, Xulia, Xana, Xoel, Gabi e Tono, evolucionan favorablemente e están a ser atendidos e alimentados con leite na zona de maternidade do CAAN. 

O aviso ao centro provincial deuno a agrupación de Protección Civil de Meis, que localizou aos animais no lugar de Silvan. Os cans e cadelas atopábanse sucios, mollados e hipotérmicos, condicións da que un deles non se puido recuperar.