Falece unha muller e outra resulta ferida grave en un accidente en Meis

As dúas vítimas circulaban nunha moto cando foron embestidas por un Porsche que realizaba unha manobra de adiantamento
Imaxe do accidente. DP
photo_camera Imaxe do accidente. DP

Unha muller resultou morta e outra gravemente ferida ao ser arrolladas as dúas na moto na que ían, por un turismo que estaba, presuntamente facendo unha manobra de adiantamento.

Sucedeu sobre as 21.15 horas na recta da PO-531 ao seu paso por A Goulla, cando, un turismo Porsche 911 que circulaba en sentido Vilagarcía se levou por diante, en plena manobra, un ciclomotor ocupado por dúas mulleres que circulaba en sentido contrario

Como resultado do impacto, unha muller de Brasil de 28 anos faleceu no punto, mentras que a outra, veciña de Caldas de 48 anos, gravemente ferida, pero estable, foi derivada nunha ambulancia do 061 ao Hospital de Montecelo.

O conductor do turismo, veciño de Suiza, de 49 anos, que deu positivo indiciario en cocaína, foi detido porlos delitos de homicidio por imprudencia grave, lesións graves, tamén por imprudencia e contra a seguridade vial.

No punto traballaron para prestar auxilio e reestablecer o tráfico a Garda Civil, o 061, Protección Civil e Bombeiros do Salnés, que acudiron coa súa dotación ao punto, pese a que finalmente non foi necesaria a súa intervención.