Meaño esgota as prazas para o seu campamento do mes de xullo

O Concello informou que aínda quedan tres prazas dispoñibles para as actividades de agosto
Meaño. DP
photo_camera Meaño. DP

O Concello de Meaño esgotou as prazas para o seu campamento municipal Ludoconcilia Meaño durante o mes de xullo. Os 55 postos dispoñibles cos que contaba o goberno local completáronse para as actividades deste mes. 

A cita está destinada a rapaces e rapazas nados entre o 2010 e 2018 empadroados no Municipio de Meaño e realizaranse en horario de 08.00 a 15.00 horas. As familias contarán ademáis con servizo de fiambreira para aqueles nenos e nenas que leven a comida da casa.

Segundo confirmou o Concello, a programación será máis dinámica que a de edicións anteriores debido á situación da pandemia que o permite. 

As actividades centraranse no CEIP Coirón de Dena e no Pabellón, además de noutros lugares da vila no que se levarán a cabo accións ao aire libre, e xa é pública a lista de admitidos.

Agosto, a punto de esgotarse
Dende o Concello informaron que tra-lo éxito que tivo a inscripción para o mes de xullo, aínda restan tres prazas para as actividades de agosto que poden solicitarse a través da sede electrónica