Meaño clausura unha exitosa Festa do Viño

A xornalista Patricia Pardo leu o pregón na última xornada do evento no que centos de persoas gozaron da enogastronomía e da música durante tres días
Brindis en la Festa do Viño de Meaño. GONZALO GARCÍA
photo_camera Brindis en la Festa do Viño de Meaño. GONZALO GARCÍA

Tras tres días adicados a exaltación dos caldos dunha vintena de bodegas establecidas no municipio, Meaño clausurou onte por todo o alto a XXI edición da Festa do Viño, antigamente coñecida como Festa do Viño de Autor. Durante esta fin de semana os asistentes tiveron a oportunidade de gozar de tódolos viños da contorna. Segundo o alcalde da vila, Carlos Viéitez, «este formato máis amplo acolle, independentemente do tamaño da adega, tanto ás adegas grandes, como ás medianas e tamén ás artesanas».

Un dos stands da Festa do Viño de Meaño durante a xornada do domingo. GONZALO GARCÍA
Un dos stands da Festa do Viño de Meaño durante a xornada do domingo. GONZALO GARCÍA


A clausura deste evento contou onte co pregón a cargo da xornalista Patricia Pardo ao mediodía e, como broche final, a actuación da Orquestra Grupo América de Vigo. No pregón a xornalista de Santiago destacou a importancia do albariño para a contorna do Salnés. "Meaño -dixo- é abrir os balcóns e mirar ao mar aberto, é terra de viñedos que parecen feitos para envolver soños que cambian de cores coas estacións".


Outra das novidades que salientou o Concello respecto a edicións anteriores foi a diferenciación de tres zonas: unha carpa de 400 metros cuadrados para os stands das 21 adegas participantes, unha zona gastronómica nun espazo arbolado e, por úlitmo, unha zona destinada aos eventos musicais.

Día grande da Festa do Viño de Meaño. GONZALO GARCÍA
Día grande da Festa do Viño de Meaño. GONZALO GARCÍA


O balance da festa foi moi positivo, xa que todos os eventos planificados polo Concello para toda a fin de semana contaron cun gran número de asistentes, segundo afirmou Viéitez. Entre todas as actividades a novidade deste ano foron as catas. "Os ingredientes do éxito foron o novo formato que gusta moito, o elevado número de adegas participantes e eventos musicais importantes durante os tres días", declarou o alcalde. 


Ademais, nesta edición presentouse a primeira Confraría de Gastronomía e Viño ‘Corazón do Salnés’ formada por viticultores, bodegueiros e restauradores das sete localidades de Meaño co obxectivo de fomentar e divulgar a cultura do viño e a cultura gastronómica do Concello.