Unha fin de semana para exaltar os viños de Meaño

O municipio do Salnés clausura hoxe a XXI edición da  festa na que, desde o venres, vinte bodegas están a ofrecer os seus mellores caldo
Cata de vinos viejos en la Festa do Viño de Meaño en el Pazo de Lis. GONZALO GARCÍA
photo_camera Cata de vinos viejos en la Festa do Viño de Meaño en el Pazo de Lis. GONZALO GARCÍA

 A Praza do Concello de Meaño acolle desde o venres a XXI edición da Festa do Viño co obxectivo de dar a coñecer os caldos elaborados nesta localidade. Un gran número de persoas está a gozar deste encontro, que conta coa participación dunhas vinte bodegas da comarca de grande importancia para o tecido empresarial do concello e arredores.


Entre as actividades programadas, as catas e as degustacións están a ser o máis concorrido do evento. Nas dúas primeiras xornadas houbo dúas catas de acceso libre e gratuíto, unha de viños vellos dirixida por Isma López, do Restaurante Casa Solla, e outra de tintos e espumosos, a cargo de Manuel Méndez. Hoxe faráse a primeira Cata a Cegas, na que os participantes terán que adiviñar tódolos datos do viño a través do gusto e do olfacto.

Cata en la Festa do Viño de Meaño. GONZALO GARCÍA
Cata en la Festa do Viño de Meaño. GONZALO GARCÍA


O alcalde da vila, Carlos Viéitez,  destacou que a festa «é unha cita familiar» na que se fixo un programa adaptado para todas as idades e convidou a toda a comarca a «descubrir os sabores e aromas da nosa terra, capturados nunha botella de cristal para acariciar paladares». «O viño ten que ser algo máis que un produto, pontenciando así o enoturismo en toda a contorna do Salnés», engadiu o rexedor. 

O encontro, que ata o de agora contou coas actuacións de Guadi Galego, Treixadura, charangas e pasarrúas, conclúe hoxe co pregón a cargo da xornalista Patricia Pardo ao mediodía e unha verbena amenizada polo Grupo América de Vigo a partir das 22.00 horas.