Copropietario de adegas Gerardo Méndez de Meaño

Manuel Méndez: "Eu sempre digo que esta adega é como un museo vivo polas cepas centenarias"

A historia familiar do albariño do Ferreiro parte coa compra duns terreos con cepas que sobreviviron á praga europea de 1400 e agora son quen de ensalzar tanto o bo viño e viticultura da zona de O Salnés como da Denominación de Orixe das Rías Baixas ▶ O uso de tradición, tempo de fermentación e non regadío fai desta marca única na área
Manuel Menéndez nun dos viñedos co seu viño./D.P
photo_camera Manuel Méndez nun dos viñedos co seu viño./D.P

Manuel Méndez é un dos donos das Adegas Gerardo Méndez, unha Sociedade que naceu dos seus pais e que se converteu nunha das grandes apostas viticultoras da zona de O Salnés.

Dende canto tempo a vosa familia traballa nesta adega?
O proxecto inÍciase, concretamente, no 1973. Nese ano foi cando meu pai, Gerardo, comeza a facer viño arredor da finca que rodea a nosa casa, aquí en Meaño, en Lores. Esa finca ten ten unha característica moi especial que é que ten cepas moi antigas. Como mínimo ten data de 1700 en diante. Iso sabémolo a ciencia certa xa que existe un documento que fala delas. Co cal son cepas profilexénicas. Isto significa que sobreviviron a unha pandemia que arrasou todos os viñedos por alá no ano 1740. O que pasa que á península a primera infección non chega ata 1815 e estas cepas sobreviviron a esae desastre da viticultura europea. Eu sempre digo que este viñedo é un museo vivo.

Entón as fincas xa eran dos teus avós ou os teus pais adquirironnas posteriormente?
A finca e a elaboración de viño é algo moi arraigado na nosa zona, O Salnés. Entón a xente sempre fixo moito viño en maior ou meno medida. Na actualidade, actualidade, o normal é que o viño producido se venda ás cooperativas e adegas de viño. Nós nese sentido, a tradición tamén a tiñamos e meu avó, Pepe o Ferreiro, foi o que comprara as terras no ano 1969. Decidíu comprar a finca xa, que víu unha boa oportunidade de facer viño e era unha boa época, o terreo era grande (de dúas hectáreas e media) e estaba isto totalmente abandonado. A partir desta historia do meu avó parte o nome do viño. Meu avó era o ferreiro do lugar e nós eramos coñecidos como os ferreiros pola súa profesión na zona. No 1973, cando meus pais comezaron a facer viño, decidiron poñerlle ese nome como comercial: como albariño do ferreiro. Pouco a pouco, fóronse engandindo máis viñedos ao proxectoe tamén a gran maoiría eran xa da miña nai, e foise ampliando todo a máis. No 1992, meu pai, decide separar a finca que está pegada á casa que é o que se coñece como Albariño do Ferreiro, cepas vellas e este prepárase de forma separada aos outros viños que se denominaron Albariño do Ferreiro, únicamente.

Sábese o número das cepas centenarias que se atoparon inicialmente?
O que é a finca son dúas hectáreas e media e de viñedo outra hectárea e media. Co cal o número de cepas é complicado falar delas xa que o sistema de renovación das cepas ‘acode’, pouco a pouco e dependendo do manexo que tiña a finca. Hai que pensar que son cepas moi antigas e, o que se coñecía como emparrado tradicional, eran cepas que estaban á altura da cadeira e dan moitísimas voltas e recovecos. Entón a forma de plantar os emparrados era moi anárquica. Neste sentido e pouco a pouco, os meus pais foron facendo un marco de plantación para poder meter os tractores e por eso o número de cepas vai variando xa que hai que ir renovando algunha delas e iso ímolo facendo co sistema de franqueo para garantir que as cepas se manteñan.

Cambiou moito o proceso de plantación das cepas e crear o viño dende 1973?
Claro, antes  as adegas solían ser debaixo das casas e non gozaban de tecnoloxía aplicada. Era todo moi ancestral.Pouco a pouco todo foise mellorando moitísimo e agora ata hai elementos específicos para cada proceso de elaboración. A día de hoxe a zona das Rías Baixas, como denominación de orixe, é algo que técnicamente xurdíu fai pouco e en 32 anos, aproximadamente, esta zona evolucionou a pasos axigantados. No noso caso, pasamos de facer a produción nun bocoi grande (de máis de 600 quilos de capacidade) e con madeiras moi vellas e, tamén somos pioneiros  en meter depósitos de aceiro inoxidable  para facer a fermentación da crianza  dos viños. A día de hoxe seguimos con esa idea de que o aceiro é o mellor método  para poder criar e embotellar o albariño e seguimos mantendo a tradición de usar a madeira moi vella e con moitos usos e mantendo o viño, durante moito tempo dentro deses recipientes.

Entón mantedes a forma de producir clásica coas novas tecnoloxías?
Si, de feito, antes a temperatura de fermentación deixábase libre e agora non. Agora faise un control exhaustivo durante todo o proceso ata que se embotella. E tamén seguimos deixando repausar o viño durante un tempo (sobre sete meses), o que se lle chama o 'pé de cuba' e, para que se entenda, é como unha masa nai (como cando facemos pan) e dese fermento vaise replicando e replicando o resto da adega. É un método máis traballoso, pero é o que nos diferencia como marca dentro da zona do Salnés que é unhas das zonas máis grandes de producción nas Rías Baixas. 

"Nós non empregamos sistemas de regadío, deixamos que a pranta enraíce ben"

Ao deixar bastante tempo de repouso no viño, este ano tedes produción nova?
Nós o que temos agora é a produción de 2022 que foi recollida entre o 8 e o 19 de setembro deste ano e aínda está en proceso de crianza e, si todo vai ben, embotellarémolas a finais de xaneiro ou principios de febreiro. Entón botará cinco mesiños sobre 'lía fina' (levaduras de fermentacióne cando se descompón queda o viño turvio e esa turvidez que non eliminamos ata que se embotella) e logo sería o proceso de botella. É decir, mantense toda a produción en lía fina ata o proceso de embotellado.

Como foi a tempada deste ano? A seca complicou a extracción?
Este ano foi anómalo na zona que recorda a añada do 2003, pola calidez. O problema da nosa zona é que a area non retén moito a auga,  e aínda que chova moito aínda así haxa sequía. O 2022 é unha añada que recorda á do 2003 por iso mesmo, en que as choivas concentráronse en alguúns meses do ano. Houbo bastante estrés hidrico  e a pranta sufríu moito en agosto. Pero nós non usamos regadío nas cepas. Obrigamos a pranta a que enraíce ben para que se asenten e teñan unha regularización da auga en función da profundidade das raíces. Esa é a nosa filosofía. De feito os viñedos que usan regadío durante a maduración, as cepas sufren moitísimo e faise complexo o momento de vendimiar.