Los candidatos a la alcaldía de Meaño responden a cómo afrontan el 28-M

Cinco son as candidaturas presentadas en Meaño para intentar formar goberno o vindeiro domingo. A expulsión do actual alcalde, Carlos Viéitez, do Partido Popular e a creación de Veciños de Meaño marcaron a actividade política durante os últimos catro anos
Collage cinco candidatos de Meaño elecciones municipales. DS
photo_camera Collage cinco candidatos de Meaño elecciones municipales. DS

Carlos Viéitez: "Traballamos co maior investimento da historia"

O actual alcalde de Meaño buscará o 28-M volver a facerse coa Alcaldía logo de mudar de partido procedente do Partido Popular

Suso Sueiro: "Propoñemos un cheque bebé de 2.000 euros por nacemento"

As accións no eido social e a xestión das inversións plantéanse como a base do proxecto do candidato dos populares en Meaño

Pablo Portas: "Temos que estar ao carón do comercio local para seguir sendo competitivos"

Sanidade, turismo ou urbanismo son algunha das bases do proxecto que presenta, por primeira vez como cabeza de lista, o candidato socialista 

Diego Rosal: "A diferenza coas candidaturas pasadas é o traballo"

O candidato nacionalista fai autocrítica en relación ás anteriores eleccións e propón un programa coa conciliación, a mobilidade ou a mellora do día a día da poboación mellor como eixos vertebradores

José Manuel Aspérez: "O que temos que dar son máis servizos sociais"

O candidato do partido independente aposta no seu programa por devolver a Meaño o seu atractivo con medidas como a conciliación ou os servizos destinados á xuventude