0-0. O Umia despide a temporada cun empate

O conxunto de Barrantes finaliza a liga na undécima posición tras varias xornadas cos deberes feitos
(_G4A6208.JPG) HQR FUTBOL FEMENINO PRIMERA NACIONAL UMIA OCEJA A JUGADAS AMBIENTE BANQUILLOS
photo_camera Unha acción nun partido do Umia desta temporada. GONZALO GARCÍA

O Umia pechou a temporada cun empate sen goles contra o Mos nun partido intrascendente da zona media da táboa de Primeira Nacional e con escaso atractivo. O encontro estivo marcado pola falta de pólvora dos dous bloques, nunha cita sen presión para ningunha das dúas partes.

O Umia conclúe a campaña na undécima posición, lonxe dos postos nobres e da zona de risco de Primeira Nacional, categoría na que continuará a próxima temporada.

O bloque de Barrantes levaba xa varias semanas cos deberes feitos e despide o curso con 10 triunfos, catro igualadas e 16 derrotas diante dun Mos que concluíu o campionato como noveno.

FICHA TÉCNICA
Umia CF: María S., Varela, Sanmartín, Álvarez, Riveira (Bóveda, minuto 58), Montouto (Marta, minuto 64), Alejo, Laura, Alonso Macías (Antía, minuto 73), Sánchez e Tania (Cristina, minuto 58)..
Mos: Alonso, De la Torre (Alonso, minuto 67). Pintos, González, María (Zamora, minuto 67), Gil, Otero, Robledo (Brito, minuto 73), Ana, Estévez (Brito, minuto 59), e Rodríguez (Cuíñas, minuto 59).
Árbitro: González Piñeiro. Amoestou con cartón amarelo ás locais Cristina e Alejo.
Incidencias: Partido correspondente á trixésima xornada de liga do grupo 1 de Primeira Nacional disputado no campo da Bouza de Barrantes.