Ribadumia acolle este domingo a III XCO Kiwi Atlántico
03 de mayo de 2023 (14:22 h.)
A competición correspóndese cunha das probas da Copa Galicia de XCO e realizarase arredor das instalacións da compañía
A III edición da XCO Kiwi Atlántico regresa este domingo, 7 de maio, a Ribadumia, como unha das probas da Copa Galicia de XCO, que se disputará entre as 10.00 e as 13.00 horas nos arredores das instalacións da compañía.
O alcalde de Ribadumia, David Castro, apadriñou a presentación da cita acompañado do presidente do Club Ciclista Ribadumia, Javier Pombo; o director xerente de Kiwi Atlántico, José Aníbal Piñeiro; e representantes e concelleiros do Goberno local.
O circuíto combina tanto zonas de técnica como zonas de físico, polo que durante a mañá deste domingo competirán deportistas das categorías Cadete, Junior, Sub-23, Élite e Máster, tanto masculinas como femininas.