Pacheco e Noel Chaves, unha tempada máis na Lomba

Carlos Riveiro Pacheco sumará deste xeito a súa quinta tempada no clube e Noel Chaves, pola súa parte, dá o salto ao primer equipo logo dunha moi boa tempada no equipo xuvenil de División de Honra
Pacheco celebrando un gol. GONZALO GARCÍA
photo_camera Pacheco celebrando un gol. GONZALO GARCÍA

Carlos Pacheco e Noel Chaves súmanse á lista de renovados nesta tempada 2024/2025 no Arosa SC. Ambos representan á veteranía e á xuventude, pero dous nomes coñecidos en Casa Arosa. 

Carlos Riveiro Pacheco sumará deste xeito a súa quinta tempada no clube, a terceira consecutiva nesta segunda etapa. O defensa, que foi un dos capitáns este ano, seguirá sendo un dos estandartes do vestiario arlequinado.

Noel Chaves, pola súa parte, dá o salto ao primer equipo logo dunha moi boa tempada no equipo xuvenil de División de Honra. Esta será a súa segunda tempada no Arosa SC, a onde chegou procedente do RC Celta.