Miguel Cores dirixirá ao Umia o próximo curso tras deixar o filial do Pontevedra

O vilagarcián colle o relevo de Jorge Quintana Jito para adestrar un plantel que manterá a meirande parte do bloque da pasada campaña 
Jorge Quintana Quito ex entrenador Umia. BEATRIZ CÍSCAR
photo_camera Jorge Quintana Quito, ex entrenador e actual director deportivo, foi o encargado de fichar ao técnico. BEATRIZ CÍSCAR

O Umia de Primeira Nacional feminina xa ten adestrador para a próxima temporada. O conxunto de Barrantes fíxose cos servizos de Miguel Cores para que tome o testemuño de Jorge Quintana Jito no curso 2022-23.

O propio director deportivo e exadestrador do colectivo foi o encargado de fichar ao técnico, que procede do Pontevedra B, no que estivo a facer labores de segundo adestrador de Luismi Areda.

O técnico vilagarcián afronta deste xeito unha nova etapa no balompé, tomando as rendas dun colectivo que manterá o bloque con respecto ao pasado exercicio.

Ademais de como preparador, Cores ten experiencia como futbolista en categorías do fútbol rexional, militando no USD O Grove ou o Atlético Cuntis, entre outros.

Desta maneira, o club avanza na planificación de cara a o vindeiro curso na categoría de ámbito nacional, na que xa conta con varias baixas sensibles, como a da goleadora Eva López, que marcha ao CD Monte Cántabro que milita en Primera Nacional, ou a da portonovesa Nuria Torres, que xogará nas filas do Friol en Segunda RFEF.