Do torneo de Sanxenxo á cima do universo

"É ao mesmo tempo Ali e Tyson", sinala Noli Álvarez, director técnico do certame, no que Alcaraz foi subcampión en 2018
Carlos Alcaraz xogando o Torneo Internacional Sanxenxo 2018. CCD SANXENXO/RCT BARCELONA
photo_camera Carlos Alcaraz xogando o Torneo Internacional Sanxenxo 2018. CCD SANXENXO/RCT BARCELONA

Para triunfar no tenis hai que hipotecar anos de vida e diñeiro, ter talento, cabeza e constancia e estar ben rodeado. A maioría de estrelas que van triunfar cando teñen 15 anos abandonan á metade do camiño. Carlos Alcaraz non.

Se alguén sabe todo iso á perfección é Noli Álvarez, responsable organizador do Torneo Internacional de Sanxenxo. El puido ver como antes de gañar un Grand Slam, o gran talento emerxente do tenis español pasaba polas pistas do CCD de Sanxenxo. Foi en 2018, con 15 anos. Daquela perdeu a final contra o inglés Jacob Fearnley, xogador que leva sen competir no circuito desde 2019: exemplo dos centos de estrelas que se apagaron antes de tempo.

Álvarez xa estaba "avisado" do que vería aqueles días. "Antonio Plasencia, adestrador de Nico Almagro, falárame del. Vino aquí e era un espectáculo con 15 anos. Parecíame os Globertrotters en versión tenística. Facía cousas que ninguén facía: un tenis orixinal e creativo no que valía calquera xogada, calquera golpe".

Con 15 anos pareceume os Globertrotters do tenis. Facía cousas que ningúen facía

Ademais do seu carácter deportivo, lembra e valora o seu carácter persoal. "Tiña 15 e 16 anos. Nos dez días que estivo por Sanxenxo fixo relativa amizade con rapaces do club, cos que aínda mantén contacto por Instagram e WhatsApp. Segue a ser un rapaz fantástico e accesible dentro do que pode selo unha figura do deporte destes niveis, que pode recibir miles de mensaxes no seu móbil".

En Sanxenxo, Alcaraz estivo acompañado por primeira vez nunha viaxe polo seu actual adestrador, Juan Carlos Ferrero (ex número 1 do mundo, tamén). "Estanos a facer moi boa publicidade. Sempre lembra que o primeiro lugar onde viaxaron xuntos foi Sanxenxo".

Carlos Alcaraz con Ferrero en Sanxenxo. CCD SANXENXO/RCT BARCELONA
Carlos Alcaraz con Ferrero en Sanxenxo. CCD SANXENXO/RCT BARCELONA

Para o éxito, o técnico sanxenxino valora que "o máis importante é o coñecemento: que a familia saiba en que consiste este mundo, que caia en boas mans, nas de bos adestradores". E Alcaraz tivo iso. "É un diamante que souberon pulir, O máis impresionante do mundo e caeu nas mans dos mellores orfebres. Seu pai é adestrador e foi un bo xogador. Cando viu que se lle ía das mans e soubo o bo que era, contactou coa academia Equellite, de Juan Carlos Ferrero, e púxoo nas mans dun equipo de adestradores que son os mellores do mundo".

E vai máis alá e coa prudencia que recomenda a situación, analiza que na súa opinión "xoga ao tenis mellor ca Nadal, Federer e Djokovic. Outra cousa é gañar. Pero a calidade dos seus golpes e o que é quen de facer nunha pista de tenis non o teñen os outros. É quen de defender, de atacar, de volear, de facer deixadas", é un xogador completo como poucos na historia.

"Se cadra, o arxentino Nabaldián dominaba eses rexistros, pero non tiña tanta pegada. Este rapaz en boxeo é ao mesmo tempo Muhammad Ali e Mike Tyson. Tiña a calidade e mobilidade de Ali, que parecía un bailarín, e a pegada de Tyson".

Tamén Chipi Agrelo, director técnico do Club de Tenis Pontevedra, puido ver a Alcaraz en acción en Sanxenxo. "Me sorprendió. También coincidió en el Campeonato de España por equipos infantil en Murcia con nuestro equipo. Pero no dejaba de tener 13 años. Tenía una proyección muy grande. Era un chaval competitivo y talentoso, pero nunca sabes cómo va a desarrollarse".

Agrelo ten moita fe no novo número un do mundo. "Es difícil saber si va a ganar 23 o seis Grand Slam, pero si las lesiones lo respetan, hay Carlos Alcaraz para mucho tiempo", anuncia.

Ve un deportista diferente que "juega como un niño y compite como un adulto. Tiene el desparpajo de la juventud, no teme a nada. Tiene un ritmo de bola alucinante y una velocidad de piernas increíble. Pero además gestiona muy bien los tiempos del partido, como si fuese una persona mucho mayor".

Juega como un niño y compite como un adulto. Tiene el desparpajo de la juventud y gestiona los tiempos muy bien

"Abre la puerta para la ilusión. Tenemos alguien en la recámara que nos puede motivar tanto como Rafa".