Alma Granados e Yago Domínguez reinan en Sanxenxo

O municipio acolleu a décimo segunda edición do Torneo de Semana Santa Fuente Liviana
Un momento da entrega de premios. DS
photo_camera Un momento da entrega de premios. DS

Alma Granados e Yago Domínguez proclamáronse campións en categoría absoluta da décimo segunda edición do Torneo de Semana Santa Fuente Liviana do Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo.

As finais foron disputadas por Alma Granados do Cidade de Vigo e Paula Masa, do Aldea Nova, co triunfo para a olívica. En homes Yago Domínguez, do Club de Tenis de Pontevedra, superou na final a Daniel Rodríguez, do Mercantil de Pontevedra. Un total de 144 xogadores tomaron parte na competición.

En categoría xuvenil Alma Granados repetiu triunfo. Mentres que en categoría masculina dese grupo de idade a vitoria correspondeu a Juan Dueñas, do Club de Tenis Pontevedra.

En Veteráns +65 anos, Nilo Pérez, do Club de Tenis A Tobeira, foi o vencedor. En +55, o representante da Cultural, Joaquín Silva, impúxose. En +35, o tamén anfitrión Juan Sánchez foi o triunfador. Nas divisións infantís, Lucía Couso, do Club de Tenis O Rial, e Mateo Díaz, do Real Club de Tenis de Gijón, gañaban a final.

En alevíns venceron Eugenia Díaz, do Real Club de Tenis de Gijón, e Lucas Casanova, do Club de Tenis de Pontevedra. José Álvarez do mesmo RCT Gijón, gañou en benxamíns, categoría na que o local Diego Sánchez levou o ranking.

En Mini Tenis Verde, Laranxa e Mixto, gañaron Nicolás Agra, Javier Deza, Enia Rodríguez, Roi Magdalena, Alba Pérez e Sofía Fernández, todos da Cultural.