A Xunta destina máis de 3,5 millóns de euros a 7 obradoiros de emprego no Salnés e Caldas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e a xefa territorial de Emprego, Marta Mariño, veñen de presentar esta nova quenda de iniciativas laborais, que comezarán a vindeira semana e beneficiarán a 35 concellos
Luis López e Marta Mariño, xefa territorial de emprego, presentarion os novos obradoiros de emprego. XUNTA
photo_camera Luis López e Marta Mariño presentarion os novos obradoiros de emprego. XUNTA

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai destinar 11,2 millóns de euros ao desenvolvemento de 23 obradoiros de emprego na provincia de Pontevedra durante o período 2022-2023 para formar, por espazo de doce meses, a 446 persoas desempregadas.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e a xefa territorial de Emprego, Marta Mariño, veñen de presentar no edificio administrativo de Campolongo estas iniciativas laborais, que comenzarán maioritariamente a vindeira semana cunha achega de 504.000 euros cada unha delas e beneficiarán a 35 concellos, xa que existen obradoiros individuais, de agrupacións de concellos e de mancomunidades.

"A Xunta volver facer unha aposta fortísima cos obradoiros de emprego na provincia de Pontevedra, cun investimento por riba dos 11 millóns de euros co que pretendemos complementar, cun formato distinto, a atractiva proposta da nosa FP e outorgar oportunidades laborais a moita xente, que ademais recibirá un soldo durante a súa formación, nunha época que se presume complicada polo contexto e na que o Goberno galego nunca lle falla á xente”, manifestou o representante autonómico.

Na comarca do Salnés, o Concello de Vilagarcía desenvolverá o obradoiro Forme 2022 cos módulos de Carpintaría e Moble e Albanelería e Acabados; o Concello de Cambados ten aprobado Rutas de Sendeirismo coas ensinanzas de Albanelería e Carpintaría; o Concello do Grove realizará A Lanzada V con formación en Cociña e Operacións de Bar e Restaurante, a Mancomunidade do Salnés repetirá con Hostalería do Salnés XIV cos mesmos módulos que no Grove ante a demanda na zona para o sector turístico, e o Concello de Vilanova de Arousa levará a cabo Vista Real VIII coas especialidades de Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes e Promoción Turística Local e Atención ao Visitante. Nesta comarca, a Xunta de Galicia investirá máis de 2,5 millóns de euros para formar a un cento de persoas desempregadas.