O Salnés recibirá 317.000 euros dos Fondos Europeos para iluminación sostible

As actuacións levaranse a cabo nos concellos comarcales de Meaño, Meis e Ribadumia
A presidenta da Deputación, Carmela Silva. DAVID FREIRE
photo_camera A presidenta da Deputación, Carmela Silva. DAVID FREIRE

A Deputación de Pontevedra renovará o alumeado exterior de 18 concellos da provincia grazas ao apoio do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), que volve dar o seu apoio aos proxectos provinciais cunha nova e importante axuda de máis de 2 millóns de euros (2.071.309.171 €) ao abeiro do programa DUS 5000 no marco do Plan de Recuperación. Esta achega supón o 85% dos 2,4 millóns de euros cos que os concellos de Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Meaño, Meis, Pontecesures, Ribadumia, Dozón, Rodeiro, Silleda, O Rosal, Tomiño, A Cañiza, Arbo, Covelo e Salvaterra do Miño poderán renovar o seu alumeado exterior actuando sobre un total de 3.877 luminarias, que se reformarán ou substituirán por outras tipo led máis eficientes, e en 148 cadros de mando, que se adaptarán á lexislativa vixente e pasarán a contar cun sistema de telexestión, cun aforro enerxético medio estimado do 60%.

Con este recursos na comarca do Salnés (con 317.315 euros de subvención europea), o concello de Meaño (97.763 €) cambiará 139 puntos de luz por outros led de maior eficiencia e reformará 3 cadros de mando, actuación coa que conseguirá un aforro enerxético do 68%. Ademais, en Meis (98.962 €) substituiranse 28 luminarias, engadiranse outras 8 e reformaranse cadros de mando, cun aforro enerxético do 57%; e en Ribadumia (120.590 €) substituiranse 62 puntos de luz e eliminaranse outros 11 e actuarase sobre 2 cadros de mando, o que permitirá acadar un aforro enerxético do 69%.