O Salnés celebra o Samaín máis arrepiante

Mozos e maiores vestiron as súas galas máis terroríficas nunha xornada na que non faltou a creatividade

Un ano máis a comarca do Salnés volveu facer gala da súa creatividade para celebrar a festividade do Samaín vestindo os disfraces máis terroríficos. Dende primeira hora da mañá, os máis pequenos foron os encargados de abrir a xornada nas escolas ataviados coas personaxes máis típicas destas datas como pantasmas, cabazas, bruxos e bruxas, demos, e moito máis.

Vilagarcía

A terrorífica festa trasladouse ás instalacións do Auditorio Municipal, onde o exército Clown de Tatana Teatro interactuou co público asistente. De seguido, a asociación sociocultural Nydia asentou o seu poboado zombi nas mesmas instalacións para amedrentar e dar algún que outro susto, e tamén diversión, a todos os presentes. Finalmente, na sala principal celebrouse o espectáculo de teatro musical da academia CODA baseado na Familia Adams e na Pantasma da Ópera.

Ribadumia

O CRA Leiro, en Ribadumia, celebrou durante a mañá diversas actividades no centro coma o concerto da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, un paseo do terror, a actuación da Bruxa Sofronisa e Daniela Pirata. O propio alumnado do centro convertiuse en protagonista coas diferentes actuación que levaron a cabo durante a xornada. Tamén houbo tempo para gozar dunha merenda durante o recreo, e escoitar algunhas terroríficas historias co contacontos da ANPA.

Vilanova

Vilanova foi a nova parada do ciclo Tornar ás táboas organizado pola Deputación de Pontevedra. Deste xeito, o Edificio Multiusos acolleu dende as 18:00 horas, o espectáculo Quen dixo medo?, a cargo da compañía Barafunda, e dirixido para o público infantil e familiar. Tratouse dun espectáculo de animación, movemento e clown ambientado nas historias da noite do Samaín, no que dúas personaxes fixeron bailar aos nenos e nenas asistentes e xogar a ser auténticos monstros.

As concelleiras de Vilanova Eliana Vidal e Paula Viñas asistiron ao Multiusos para gozar do Samaín. DS
As concelleiras de Vilanova Eliana Vidal e Paula Viñas asistiron ao Multiusos para gozar do Samaín. DS

Meaño

Decenas de rapaces e rapazas gozaron das actividades organizadas polo Concello de Meaño en Xil, que contou na tarde deste martes con inchábeis, merenda ou unha maquilladora para caracterizar aos presentes como as criaturas máis arrepiantes.

A Illa de Arousa

As previsións de choiva obligaron a cambiar a programación deste martes no municipio isleño no que ía a levarse a cabo o desfile de Samaín. Así, as actividades de rúa víronse adiadas para o vindeiro sábado, 11 de novembro, no salón multiusos, no que se celebrará o Gran Baile Infantil de disfraces, que á súa vez contará coa actuación de DJ Mignos, unha gran chocolatada e moitas máis sorpresas. 

Meis

O Samaín entre Libros foi o gran protagonista do día na xornada deste martes en Meis, no que é un dos eventos máis esperados do municipio para a cativada. Nel, todos os asistentes puideron escoitar algunhas historias de medo na Biblioteca disfrazados e maquillados para facer o tradicional "truco ou trato".

A oferta cultural da localidade completouse con varios concursos celebrados da man de Autoservizo Montse, que organizou certames de cabazas decoradas, disfraces arrepiantes, pintacaras e tatuaxes e unha casa de terror.

Cambados

De novo a amenaza de chuvia obrigou a mudar o escenario da actividade do Samaín no concello de Cambados. Así, trasladouse dende o Parque de Torrado ao Salón Peña, no que se celebraron obradoiros de manualidades, recolecta de caramelos ou un mural participativo, ademáis dun pintacaras. Cerrouse a xornada cun gran baile grupal