Sábado pasado por auga en Galicia
29 de octubre de 2022 (09:45 h.)
As temperaturas descenderán lixeiramente e O Salnés estará entre os 15 e os 19 graos
O sábado Galicia estará baixo os efectos da chegada durante a madrugada dunha fronte fría activa asociada a unha borrasca situada ao oeste de Irlanda.
Deste xeito, durante a primeira metade do día as chuvias serán xeneralizadas, por momentos de intensidade moderada; xa pola tarde irán desaparecendo, comezando a melloría polo oeste. As temperaturas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos no interior, moderados no litoral.