As rutas de 'Voando nas Rías Baixas' arrancan no Intermareal Umia-O Grove

O itinerario descorreu polos concellos do Grove, Sanxenxo, Meaño, Cambados e A Illa
Ruta ornitolóxica 'Voando nas Rías Baixas'. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera A andaina permitiu ás persoas participantes observar aves acuáticas. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A primeira das rutas ornitolóxicas Voando nas Rías Baixas tivo moi boa aceptación na súa estrea. As persoas participantes nesta iniciativa que promove a Deputación xunto con SEO Birdlife puideron gozar dunha agradable andaina polo complexo Intermareal Ulla-O Grove e descubrir por que está considerado como un dos mellores lugares de Galicia e de España para a observación de ave acuáticas invernantes.

A ruta, á que asistiu a deputada de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, Iria Lamas, descorreu polos concellos do Grove, Sanxenxo, Meaño, Cambados e A Illa de Arousa e permitiu ás e aos participantes coñecer a riqueza ornitolóxica e concienciarse sobre a preservación dos espazos naturais protexidos.

Na andaina, conducida por dúas experimentadas persoas guías ornitolóxicas de SEO Birdlife Pontevedra, os participantes puideron descubrir algunhas das aves que se atopan neste espazo protexido pola Rede Natura 2000 como Humidal de Importancia Internacional, como diversas especies de anátidas, limícolas ou cullereiros, que chegan por millares do norte de Europa cada ano.