O Observatorio de Turismo Rías Baixas vaticina un verán histórico

A ocupación media no Salnés sitouse nun 82% entre o Xoves Santo e o Domingo de Pascua, sete puntos por enriba da media provincial. As vivendas turísticas de Sanxenxo e O Grove tamén acadaron reservas propias da época estival
Imagen de la playa de Silgar, en Sanxenxo, durante los festivos de Semana Santa. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Imaxe da praia de Silgar, en Sanxenxo, durantelos festivos de Semana Santa. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

«Foi unha Semana Santa histórica que augura que imos ter un verán tamén histórico». Deste xeito valorou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, os datos de ocupación recollidos polo Observatorio de Turismo Rías Baixas sobre o citado período, uns datos que teñen en conta a media de todo o sector hoteleiro, incluíndo desde os aloxamentos de pequeno tamaño ata os de categoría superior, e que tamén detallan os resultados do turismo rural e das vivendas turísticas.

De acordo cos mesmos, a ocupación media na provincia acadou o 75,2% entre o xoves 6 de abril e o domingo 9, e achegouse ao 70% durante toda a semana, superando en 13 puntos a media deste período no pasado ano. Nos establecementos hoteleiros de superior categoría da provincia, o resultado foi aínda maior, cun rexistro medio do 70,4% durante toda a Semana Santa e do 86% nos festivos. 
 


Por comarcas, O Salnés rexistrou un 70,2% ao longo da Semana Santa e un 82% entre o xoves e o domingo (11 puntos máis que en 2022), e no caso dos establecementos con máis estrelas, a ocupación incrementouse ata o 75,2% e o 86%, volvendo a acadar cifras propias da temporada estival. A comarca de Pontevedra acadou un 61,2% durante a semana enteira (9 puntos máis que o ano pasado) e un 71% entre o xoves e o domingo (1 punto máis), cuns rexistros nos locais de superior categoría do 69,2% e do 81%, respectivamente. O Morrazo tivo os seus establecementos ao 69% durante toda a semana (9 puntos máis que no 2022) e ao 74% entre o xoves e o domingo (6 máis).

La Semana Santa dejó estampas veraniegas en las playas de O Salnés como esta en Silgar. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
A Semana Santa deixou imaxes propias do verán nas praias do Salnés. JAVIER CERVERA-MERCADILLO


Por concellos turísticos, Sanxenxo superou o 63,3% na semana e o 79% entre o xoves e o domingo, aínda que os aloxamentos de mais estrelas chegaron ao 78,2% e ao 86,4%. E na cidade de Pontevedra a ocupación foi do 70% en toda a semana e do 76,5% os festivos, se ben os hoteis variaron esas cifras ata o 65,5% e o 80,5% .

Tamén os castelos de Soutomaior e Sobroso bateron récords, cun total de 4.281 visitantes.

Todos estes datos fan presaxiar un verán de grande afluencia de visitantes. «No anterior superáronse os datos prepandemia na maioría das comarcas e neste creo que imos superar estes resultados con bastante folgura», indicou Carmela Silva.turístico tras unha Semana Santa «histórica»
 

Éxito das casas rurais e das vivendas turísticas

En canto aos establecementos de turismo rural, os datos foron tamén «extraordinarios» e moi superiores aos do 2022, cunha media provincial do 53% en toda a Semana Santa  (11 puntos máis que o ano pasado) e do 70% nos festivos (3 puntos máis). No caso concreto da comarca de Pontevedra, este tipo de aloxamentos rexistraron un 48,5% durante a semana (7 puntos máis) e un 73% nos festivos (6 puntos máis).

No que se refire ás vivendas turísticas, a ocupación media ao longo da semana foi do 75% e do 85% de xoves a domingo. Neses catro días as maiores taxas de ocupación rexistráronse en Sanxenxo (85%); Cangas (83%); O Grove (82%) e Vigo, Pontevedra, Nigrán e Bueu (cun 80%). 

As persoas que elixiron estes establecementos proviñan principalmente do País Vasco, Asturias, Castela e León e Madrid e, no caso do estranxeiro, de Portugal e Francia.

A maiores, o castelo de Soutomaior recibiu durante a Semana Santa a 3.754 visitantes e o de Sobroso, a 527 persoas.