Llegan al área sanitaria los nuevos MIR

Distintos momentos del acto desarrollado esta misma semana en el salón de actos del Hospital de Montecelo. DP

Relevo ▶ Un solemne acto conmemoró el relevo de los 41 Médicos Residentes que completaron su formación en el área sanitaria de Pontevedra-Salnés, por otros 61 facultativos que inician desde esta misma semana su servicio en la zona.

A Área Santiaria de Pontevedra e O Salnés celebrou esta semana a recepción oficial da promoción 2023-2024 de 61 Médicos Residentes, así como a despedida da promoción 2022-2023 dos 41 Residentes que se formaron neste área.

O Xerente, José Manuel Flores Arias, salientou no acto, celebrado no salón de actos do Hospital Montecelo do Complexo Hospitalrio Universitario de Pontevedra, a "relevancia social e de calidade que representa a incorporación de novos efectivos ao Sistema Sanitario Público de Galicia, para continuar co seu proceso de potenciación e de constantes avances asistenciais".

Flores Arias estivo acompañado, entre outros directivos, pola directora asistencial da Área Sanitaria, Susana Romero Yuste, polo presidente da Comisión de Docencia de Pontevedra e O Salnés, o doutor Luís Anibarro García e polo xefe de estudos de Medicina Familiar e Comunitaria o doutor Alvaro Rodríguez Pomares.

Tanto o xerente coma os coordinadores da Docencia deron a benvida nas súas intervencións a estes 61 Residentes -deles, 23 son médicos de familia, 2 son matronas, 26 son especialistas hospitalarios e 10 enfermeiras tanto de família coma de Pediatría, de saúde mental e obstétrico-xinecolóxica- e subliñaron que o Sergas segue a formar novos profesionais nun mundo sanitario en permanente cambio, onde os progresos tecnolóxicos son constantes e motivadores.

Pola súa banda, o presidente da Comisión de Docencia e xefe de estudos da unidade docente, o doutor Luís Anibarro García, presentou o curso académico e amosou o seu agradecemento aos titores dos centros de saúde e dos hospitais e a todos os colaboradores docentes que traballarán no programa das especialidades.

Neste mesmo acto -que contou co actuación da Coral Polifónica O CHOPO, que interpretou o himno universitario- brindouse tamén a homenaxe de despedida de 41 Especialistas -15 médicos de familia, 2 matronas, 16 especialistas hospitalarios, e 8 enfermeiras, tanto de familia, coma de pediatría e de psiquiatría- que remataron a súa formación nos hospitais e centros de saúde de Pontevedra e O Salnés, que recibiron os seus certificados acreditativos.

Durante a súa intervención, o responsable da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés aconsellou aos profesionais que remataron o seu programa formativo que "aproveiten ao máximo os retos que a partir de agora terán no Sistema Sanitario", invitándolles a "continuar actualizando coñecementos para acadar unha maior calidade na actividade asistencial, mantendo a prioridade do benestar da poboación á que se deben".

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta con acreditación docente para formar matronas, enfermaría de Familia, enfermaría de Pediatría, enfermaría de Saúde Mental, especialistas en Medicina Familiar e imparte docencia en 24 especialidades hospitalarias.

Así mesmo, dispón dun total de 81 titores -35 deles imparten docencia no eido da Atención Primaria, 31 forman en Atención Hospitalaria e 15 titores no eido da Enfermaría-. Tamén conta cun cinco prazas de profesorado asociado de Ciencias da Saúde da Universidade de Santiago de Compostela -USC- nas especialidades de Aparello Dixestivo, Cirurxía Xeral e Dixestiva, Dermatoloxía, Medicina Interna e Psiquiatría.