O GDR Salnés-Ulla recibirá medio millón de euros dos fondos LEADER

O Grupo celebrou a primeira Xunta Directiva do ano na que delimitouse a distribución dos cartos obtidos

Xunta Directiva do GDR. DS
photo_camera Imaxe da Xunta Directiva celebrada o pasado 11 de xaneiro. DS

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) veu de publicar no DOG de data 29 de decembro de 2022 unha nova convocatoria Leader (19.2) con cargo ao PDR 2014-2020.

Esta resolución ten como obxecto convocar, mediante tramitación anticipada de gasto, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2023 e 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local).

O GDR Salnés-Ulla-Umia percibirá un total de 558.027,40 euros desta iniciativa. Tras a celebración da primeira Xunta Directiva do ano, e entre os puntos a tratar acordouse distribuír os cartos do seguinte xeito: 382.722,40 euros para proxectos produtivos; 170.000,00 euros para proxectos non produtivos de entidades públicas; e 5.305,00 euros para proxectos non produtivos de entidades privadas.