As chuvias serán as protagonistas este mércores en Galicia
23 de noviembre de 2022 (00:00 h.)
Tamén haberá algún claro ao longo do día
Situación de transición á espera dun novo empeoramento para o xoves. Así, comezaremos o día con nubes baixas e algunha chuvia feble, co avance da mañá iranse abrindo claros. Cara á noite comezarán os chuvascos pola franxa atlántica.
As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso e as máximas quedarán sen cambios significativos. Na comarca do Salnés os termómetros oscilarán entre os 13 e os 17 graos. O vento soprará do oeste, virando a sur nas últimas horas do día, soprando en xeral con escasa intensidade.