Centros de ensino do Grove e Cambados recibirán unha xornada sobre ciberseguridade

Estas sesións, denominadas Ciberseguranza Kids e impartidas a modo de contacontos, desenvolveranse en outubro no marco do programa Tech Kids
Ciberseguridad
photo_camera As xornadas versarán sobre ciberseguridade. DS

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia organizan no mes de outubro unhas xornadas sobre ciberseguridade enmarcadas no programa Tech Kids, actividade incluída na Estratexia Galicia Dixital 2030 e no Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital e realizada a través do convenio asinado entre o CPEIG e a Axencia para a realizacións de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia para fomentar a sociedade dixital.

Organizaranse 28 xornadas formativas presenciais en centros de ensino de Galicia, entre os que se atopan os municipios de O Grove e Cambados.

O programa Tech Kids ten como obxecto formar aos rapaces e rapazas en ciberseguridade. As xornadas de divulgación, denominadas Ciberseguranza Kids, centraranse na ciberseguridade mediante charlas con tipoloxía de contacontos ou outro tipo de actividade de carácter dinámico e participativo. Esta actividade está dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos de idade. Ademais, celebrarase unha sesión de contacontos o vindeiro 26 de outubro no centro Gaiás Tech da Cidade da Cultura en Santiago.

Ademais, a través destes contacontos incidirase no fomento das vocacións STEM entre os máis novos/as, especialmente entre as rapazas con referentes femininas no material didáctico. Tamén esta iniciativa comprenderá a publicación de vídeos específicos e un novo conto con contido de ciberseguridade.