ENTREVISTA A: DAVID FERNÁNDEZ CALVIÑO Área de Edafoloxía e Química Agrícola UVIGO

"Os agroquímicos son un concepto máis amplo que os fitosanitarios"

O enxeñeiro técnico agrícola explica as implicacións que ten o uso indiscriminado dos agroquímicos actuais e que alternativas agro ecolóxicas estudan para incorporalas no campo. Un viñedo de O Salnés arroxará luz nunha das investigacións deste equipo investigador
Foto nunha zona de estudo na Limia de David Fernández./ D.P
photo_camera Foto nunha zona de estudo na Limia de David Fernández./ D.P

El é Enxeñeiro Técnico Agrícola pola Universidade de Vigo e Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose pola Universidade de Vigo e obtendo a cualificación de sobresaínte Cum Laude. Traballou como investigador e profesor na Universidade de Vigo, colaborando como investigador convidado no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia en Compostela, no Instituto de Ciencias Agrarias do CSIC en Madrid e na Universidade de Lund (Suecia). Actualmente, as súas investigacións enmarcanse no estudo das prantas, o solo e o aproveitamento de subproductos e da procura de agroquímicos sostibles que axuden ao desenrolo dos cultivos dunha forma máis ecolóxica. O seu último traballo ubícase na zona de O Salnés. Concretamente.

Para empezar dende o principio e para que todo o mundo o entenda, que son os agroquímicos e por qué son tan nocivos?
Hai agroquímicos de moitos tipos. A síntese química que os comppoñen os dividen de diferentes formas e grupos, como por exemplo, os fertilizantes de nitróxeno, potasio, etc. Ese sería un grupo. Logo, temos o outro grupo que se pode decir que son produtos fitosanitarios e serven para combater enfermidades ou para eliminar pragas nos cultivos. Habería un tercer tipo ou grupo que son os herbicidas. Estes úsanse para combater as malas herbas en prantas e, básicamente, poder implementar o aumento de producción dos cultivos e evitar perdas.

Hai algunha diferenza entre os produtos agroquímicos e os fitosanitarios?
Os agroquímicos son un concepto moito máis amplo que os produtos fitosanitarios. Os agroquímicos engloban herbicidas, fertilizantes, os propios produtos fitosanitarios (e estes son para eliminar as pragas e as enfermidades dos cultivos). Fixo un estudo en pontevedra sobre isto, de que trata?. A través dun grupo operativo financiado pola Xunta, estamos facendo uns ensaios nuns viñedos de Galicia. Algúns deles son na provincia de Pontevedra e, concretamente, no Salnés e os outros son na comarca de Santiago onde o que estamos probando é a forma de sustituir os produtos de nitróxeno. É decir, estamos probando unha maneira de sustituír os fertilizantes de toda a vida. Estes produtos de síntese química do nitróxeno que se producen a partir de gas natural véndense, logo, a prezos desorbitados. Pois, o que estamos probando é a empregar prantas leguminosas as cales teñen capacidade para fixar nitróxeno atmosférico beneficiosos para o cultivo. 

Cómo pode afectar ao chan estes productos no consumo cotiá?
Evidentemente, o problema non está no seu uso se non no mal uso que se fai en determinadas zonas do planeta donde existen agriculturas moi intensiva en superficies moi grandes e onde se aplicaron os agroquímicos durante os últimos 70 anos de forma moi forte. Nós non temos en Galicia grandes problemas cos agroquímicos, pero hai zonas do planeta como Pakistán onde existen grandes probemas sanitarios polo seu uso.

Aínda así existen cursos aquí en Galicia para poder usar correctamente os agroquímicos...
De feito para poder comprar produtos fitosanitarios hai que facer un curso para manexalos de forma adecuada. Meu avó cando solfataba remexía o produto coa man e sen ningún tipo de protección. Evidentemente, isto non se pode facer e, por iso, se dan cursos para que a xente teña coñecemento de como manexar estes produtos, para que haxa protección individual e nos alimentos.

A tendencia na agricultura actual é a de producir de forma máis ecolóxica, sostible e, polo tanto, máis económica»

O uso indiscriminado destes agroquímicos, como afectan aos productos que inxerimos?
Claramente, uso destes produtos teñen uns prazos de seguridade que hai que respetar. Antes de recoller os produtos do campo hai que coñecer as datas nas que estes produtos fitosanitarios desaparecen do alimento para poder proceder ao seu consumo. Evidentemente, existen trazas deste elemento e se non se respetan os prazos poderán crear problemas de saúde.

Que alternativas ou de que forma podemos ir cara ao cambio?
Existen varias opcións. Unha delas é o campo da investigación onde se consiguen alternativas ao seu uso, pero non sempre é facil. Unha vez que se crean ten que haber técnicas de difusión para que estas novas alternativas cheguen ao campo. Outro factor é o económico. Moitos destes produtos, para a súa producción, consumen moita enerxía fósil e, agora, teñen uns prezos desorbitados e prohibitivos. Están encarecendo a producción de moitos produtos e, dende o sector agrario, estanse demandando alternativas para poder producir mellor e sen eses custes e esa é a nosa labor. Porén non en todos lados funciona da mesma maneira. Nós a través dos nosos proxectos dende a universidade e empresas, estanse probando procesos onde se volven aliñar a agricultura mediante procesos naturais que poden axudar á fertilidade do solo. Unha vez que xa hai esa divulgación, hai que buscar a forma de levala á sociedade e empregala nos seus cultivos.

Existe algún tipo de proceso agora que se queira difundir?
Cada día aos investigadores se nos piden que fagamos, os investigadores, o esforzo de ter a labor de divulgar o coñecemento que investigamos. Antes só publicábamos o coñecemento pero non saía da burbulla da universidade. Agora facemos charlas cos agricultores onde lles mostramos os resultados das nosas investigacións, contactamos con algúns deles para implementar algunhas destas técnicas, etc. Non é un camiño sinxelo, nin fácil, e aínda non está moi andado, pero cada vez se nos está esixindo máis este paso e neste sentido.

Podería poñer algún exemplo actual co que se poida vislumbrar iso?
Por exemplo, no meu grupo de investigación estamos facendo un estudo sobre o cultivo da pataca. Nós temos os resultados preliminares e, en decembro, teremos unha reunión con agricultores que producen pataca para mostrarlles os resultados e animalos a que implementen nos seus cultivos algúnhas destas técnicas. Son formas que nos esixen de difusión xa dende a Unión Europea.

Se eu son agricultora e quero saber máis destas cousas onde podo acudir para informarme das novas técnicas?
O que falta por parte da administración, como un foro, que anime a que se poida facilitar esa información á sociedade. A universidade esta aberta para todo o mundo, pero non é sinxelo para unha persoa saber onde se ubica o que lle interesa coñecer. Nós estamos facendo un esforzo por aproximarnos á sociedade e repartir ese coñecemento. Antes había as antigas oficinas agrarias, pero en Galicia, están desmanteladas e é algo que se bota de menos.

Buscamos a alternativa de fertilización nos viñedos a partir
das prantas leguminosas

Na zona do Salnés a investigación que fan vostedes coas vides, podería contar algo dela?
É un proxecto que esta comezando e que facemos con tres empresas que fan viño na zona onde buscamos unha alternativa de fertilización nitroxenada a partir da introducción das prantas leguminosas (referido ás diferentes variantes de legumes como as xudías). Estas prantas aportan nitróxeno nos propios viñedos para que den abono verde. É un proxecto que acaba de comezar onde se prantaron estas prantas a principios do mes de novembro e, durante os próximos dous anos, veremos que acontece. Estudaremos non só a fertilidade senón tamén a biodiversidade do solo e a acumulación de carbono, entre outras cousas.O fin fundamental é ver si temos unha alternativa do nitróxeno de síntese química (fertilizantes), pero tamén se hai outros beneficios para o solo ou problemas. Pero polo de agora non temos ningún resultado.