Adxudicados os traballos de conservación de firmes nas estradas provinciais

A Deputación executará obras por importe de 634.078 euros nas comarcas de Pontevedra e O Salnés 
Rueda de prensa de Carmela Silva. DP
photo_camera Rueda de prensa de Carmela Silva. DP

A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar os contratos para as obras de conservación de firmes que se desenvolverán en 79 estradas da rede provincial ao seu paso por 45 concellos, e nas que se investirá un orzamento de 4,4 millóns (4.430.381€). O principal obxectivo destas actuacións, que abranguen as seis zonas nas que o Acordo Marco dividiu a provincia para regular a conservación de firmes, é preservar as súas características superficiais e estruturais para garantir a súa viabilidade. Así, entre outras, as tarefas inclúen a reposición de sinalización horizontal e mesturas, a reparación de fochancas, a mellora de pavimentos, regas,  drenaxes ou o levantamento de firmes. En todos os casos, tal e como explicou hoxe a presidenta provincial, Carmela Silva, as obras desenvolveranse nun prazo de execución de 6 meses, de xeito que estarán rematadas ao final de ano. 

Na Zona C, que abrangue concellos das comarcas de Pontevedra e O Salnés, executaranse obras por importe de 634.078€ en 23 estradas de Barro (EP0507 Portela-Valiñas-Portas); Poio (EP0608 Samieira-Busto); Cambados (EP9002 Fefiñáns-Oubiña, EP9004 Corbillón-Tragove e EP9006 A Bouza-O Facho (Castrelo)); O Grove (EP9101 O Grove-Igrexa de San Vicente); Sanxenxo (EP9201 Sanxenxo-Bordóns-E. Samieira, EP9205 Sanxenxo-Meaño, EP9209 PO550-Igrexa de Vilalonga, EP9210 Acceso a Rouxique e EP9211 Vilalonga-A Fianteira); Meaño (EP9302 Xil-Cobas-Barrantes e EP9305 Coirón-Ribadumia-Leiro); Meis (EP9402 Mosteiro-Barrantes, EP9403 Santo Tomé-San Salvador, EP9406 Galles-A Armenteira e EP9407 A Goulla-Porráns); Ribadumia (EP9501 Ribadumia-Grenla, EP9506 Barrantes-Vilariño e EP9508 Lois-A Goulla), Vilagarcía (EP9601 Vilagarcía-Cea-Castrogundín) e Vilanova (EP9701 Baión-András e EP9703 Vilanova-Pontearnelas).