271 deportistas da provincia recibirán as bolas Depo Dan e Depo Promesa

Cambados, O Grove, A Illa, Sanxenxo, Vilagarcía e Vilanova veranse beneficiados por estas medidas
Carmela Silva en la presentación de Tornar ás Táboas
photo_camera Carmela Silva. DP

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar as achegas Depo_Dan e Depo_Promesa, ás que a institución provincial dedica un orzamento de 250.000 euros. En concreto, son 271 achegas e, delas, 185 correspóndense coas bolsas para deportistas de alto nivel e son 77 para deportistas promesa. Amais, deuse luz verde a 9 Axudas Plus (A+) dirixidas a deportistas “Depo Dan” con diversidade funcional.

A presidenta provincial, Carmela Silva, recalcou que as Axudas Plus son “a novidade deste ano” e lembrou que “nas anteriores edicións estaban integradas coas bolsas globais pero na Deputación somos conscientes de que as persoas con diversidade funcional teñen moitos máis gastos e por isto creamos esta nova modalidade, na que van a percibir un maior importe”.

Estas becas permitirán ás e aos deportistas participar en competicións a nivel galego, nacional e internacional. As súas persoas beneficiarias pertencen a 33 concellos da provincia, entre os que se atopan Cambados, O Grove, A Illa, Sanxenxo, Vilagarcía e Vilanova pertencentes ao Salnés. O resto son: Baiona, Barro, Caldas, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Gondomar, A Guarda, Lalín, Marín, Moaña, Moraña, Mos, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra, Soutomaior, Tomiño , Tui, Vigo, e Vila de Cruces.