A Universidade Popular de A Illa oferta cursos para mulleres de repostería e costura

A iniciativa, na que a inscripción está aberta, busca favorecer a inserción social e a empregabilidade
Concello de A Illa. CONCELLO
photo_camera Concello de A Illa. CONCELLO

A Universidade Popular de A Illa pon en marcha para decembro dous novos cursos, de repostería e de competencias básicas de costura, para os que está aberto o prazo de inscripción ata o vindeiro martes 29 de novembro. Ambas iniciativas, que se desenvolven en colaboración coa Concellalía de Cultura e ao amparo da Federación Española de Universidades Populares (FEUP), están dirixidas a mulleres e as interesadas poden solicitar información detallada e formalizar a inscripción no primeiro andar do Concello.

Rosi Viana, concelleira de Cultura, anima á poboación feminina a participar nestas accións formativas, que buscan mellorar a empregabilidade e a integración social. Universidade Popular e Concellalía traballan xa en dúas novas propostas que terán módulos transversais en materia de igualdade e tamén de autoestima. As prazas para estes cursos son limitadas polo que as solicitantes empadroadas na Illa terán preferencia sobre outras aspirantes.

Rosi Viana recorda que o principal obxectivo da Universidade Popular de A Illa é contribuir á inserción laboral a través de actividades formativas competencias básicas para desenvolverse na vida e na búsqueda de emprego, como o traballo en equipo e a xestión das emocións.

A Universidade Popular de A Illa, una das 400 existentes en España e das dúas en Galicia, naceu un ano despois da segregación de Vilanova, e desde entón centra a súa labor na formación gratuita orientada principalmente a persoas con dificultades para acceder ao mercado laboral, ainda que o alumnado dos cursos combina persoas xóvenes con outras máis maiores, e con niveis educativos e formativos moi dispares. As liñas de traballo da Universidade Popular de A Illa son os xovenes, a empregabilidade (para favorecer o autoemprego) e a formación, para facilitar o acceso a un posto de traballo.

Comentarios