A Travesía das Hedras pechará ao tráfico o luns para iniciar a reposición do solado

O Concello solicita aos residentes que eviten estacionar nesta zona para facilitar os traballos 
Rúa Travesía das Hedras. DS
photo_camera Rúa Travesía das Hedras. DS

A rúa Travesía das Hedras e máis o Portiño veranse afectadas a partir de luns polo inicio das obras de acondicionamento e reposición do solado do entorno polo que o Concello de A Illa solicita aos residentes na zona que eviten deixar coches estacionados, para facilitar o traballo da empresa.

O Concello destinará 30.758,2 euros a uns traballos que estarán rematados ao longo da vindeira semana, un orzamento que procede do remanente da reforma da Avenida Castelao, trala subvención concedida con fondos europeos.

A actuación nesta travesía permitirá sustituir as losetas danadas e rotas, aportando á rúa un aspecto renovado.