Os traballos sobre Rosalía de Castro do alumnado do CEIP Torre Illa decoran xa o municipio

Os escolares comparten pola localidade as súas creacións sobre a poesía e a autora galega co conxunto da cidadanía
Alumnos do CEIP Torre Illa entregando os traballos sobre Rosalía de Castro ao Concello da Illa. DS
photo_camera Alumnos do CEIP Torre Illa fixeron entrega dos traballos sobre Rosalía de Castro ao Concello. DS

O Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro) e o Día da Poesía (21 de marzo) son dúas das conmemoracións que o alumnado do CEIP Torre Illa estivo a traballar nos meses de febreiro e marzo e ás que durante esta semana queren dar visibilidade por todo o municipio. Alumnado de todos os cursos elaboraron traballos para conmemorar estos dous días realizando traballos de investigación, deseñando carteis, creando díticos, recitando poesías…

E así o fixeron. Aos escolares de primeiro de Primaria correspondeulles a tarefa de levar os traballos ao Concello e á Biblioteca. Así entregáronllos ao alcalde, Carlos Iglesias, e ao concelleiro de Servizos, Luis Arosa, que os recibiron na Casa do Concello e escoitaron na voz do alumnado o recitado de Adiós ríos, adiós fontes e lles axudaron a expoñer algúns dos traballos no tablón de anuncios. Tamén os acompañaron á biblioteca, donde quedaron algúns dos poemas de Rosalía para que as persoas usuarias destas instalacións poidan gozar da súa lectura.

De xeito escalonado, ao longo de toda a semana, alumnado de diferentes cursos irán percorrendo as rúas da Arousa e instalacións non municipais, achegando á cidadanía en xeral non so o seu traballo en prol da poesía senón tamén contribuindo a fomentar a lectura da obra da poetisa galega por excelencia, Rosalía de Castro.