A Praza do Regueiro pechará ao tráfico o vindeiro luns para o remate das obras

O tránsito de vehículos desviarase pola estrada Agro da Torre
Praza do Regueiro en A Illa de Arousa. GSV
photo_camera Praza do Regueiro. GSV

O Concello da Illa de Arousa informou que o tráfico rodado no entorno da Praza do Regueiro sufrirá a partir de luns unha pequena modificación que consistirá no corte do tramo empedrado, nun trazado de poucos metros, á altura do cruce da rúa Charco.

Os conductores encontraranse coa sinalización do desvío á altura da Abilleira e o tráfico desviarase pola estrada Agro da Torre, de recente apertura.

O goberno local comunicou aos veciños que lamenta as molestias que as reordenacións do tráfico poidan causar estes días tanto no Regueiro como na Avenida Castelao, en ambos casos derivadas do remate das dúas obras de grande envergadura que marcan a transformación urbanística que está a rexistrar o municipio