O parque de calestenia incorporará códigos QR para facilitar a súa práctica

A área situada xunto ao Edificio de Usos Náuticos conta con 10 elementos ao aire libre
Parque de calestenia calistenia en A Illa de Arousa. DS
photo_camera Visita do alcalde e os concelleiros de Obras e Servizos ás instalacións deportivas. DS

A escasos metros do Edificio de Usos Náuticos e ao aire libre está o area de calestenia coa que o goberno local completa a oferta deportiva do ximnasio municipal, a pleno rendimento desde o inicio deste mes de xaneiro.

O alcalde, Carlos Iglesias; o concelleiro de Obras, Alfonso Salgado e o edil de Servizos, Luis Arosa, supervisaron o remate final dun proxecto no que estaba pendente a colocación dun chan de caucho idóneo para este deporte, ao aire libre para favorecer unha práctica deportiva moi extendida na Illa en contacto co medio natural e nun entorno privilexiado. “Facer exercicio na rúa estase a converter nunha alternativa económica, divertida e saudable”, apunta Luis Arosa, que asegura que A Illa non é allea a esta tendencia entre a poboación máis xoven.

A área conta con 10 elementos de traballo deportivo, dotados cun código QR que indica aos usuarios menos veteranos como utilizalos e que tipo de exercicio se recomenda realizar en cada un deles. Todos son realizados co propio peso corporal, utilizando diferentes aparatos como barras paralelas, dominadas, barras con anels, espaldeira ou bancos abdominais. As persoas afeccionadas a esta disciplina buscan mellorar a axilidade, a forza física, a flexibilidade, a resistencia, o equilibrio e a coordinación. Por eso, Luis Arosa recomenda esta práctica tamén a persoas maiores que precisen exercicios de baixo impacto.

“O noso compromiso coa promoción de hábitos saudables é absoluto. O parque de calestenia é un complemento máis nun proxecto global que pon a disposición de toda a poboación da Illa recursos gratuitos, como as sendas, para fomentar tanto a práctica deportiva como o sendeirismo e que, ademáis, facilitan a socialización”.

A equipación desta área tivo un custo de 24.000 euros, financiados ao 50 % entre o Concello e os fondos do GDR.