A OPP20 presenta a súa campaña de promoción 'Marisco de Illa, o segredo do bo gastrónomo'

O alcalde da Illa foi o encargado de inaugurar a campaña agradecendo á Xunta o seu apoio a esta iniciativa
Cocinero+autoridades+centro
photo_camera Asistentes a la presentación de la campaña. CEDIDA

A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20), presentou onte no Centro Superior de Hostalería de Galicia a súa campaña de promoción 2022. Marisco de A Illa, O Segredo do Bo Gastrónomo é unha aposta por achegar o produto da OPP20 ós hostaleiros galegos a través da realización de demostracións en escolas de hostalería, onde está o futuro da profesión.

A de onte foi a segunda parada e presentación oficial da campaña no Centro Superior de Hostalería de Galicia en Santiago de Compostela, onde a súa directora, Marta Fernández agradeceu á OPP20 a oportunidade de traer produto de proximidade para esta clase maxistral, que terá a súa continuación o próximo xoves 24 coa visita do alumnado do centro á Illa de Arousa para acudir a unha xornada de traballo dos mariscadores e mariscadoras da OPP.

Estivo presente no acto o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, que destacou a importancia de iniciativas coma esta para poñer en valor o produto da terra e o traballo que hai detrás del.

O alcalde da Illa, Carlos Iglesias, foi o encargado de inaugurar a campaña, agradecendo á Xunta de Galicia o seu apoio á OPP20 para a realización da mesma, e destacando unha vez máis a ardua labor de promoción detrás de Marisco de A Illa.

O presidente da OPP, Juan José Rial Millán, foi o director do evento, facendo fincapé no traballo da OPP20 para a promoción dos seus produtos, á tradición detrás do oficio, e á innovación detrás da actividade marisqueira, todo grazas á financiación da Xunta de Galicia e do FEMP a través dos seus plans de produción e comercialización anuais.

O acto finalizou cunha clase maxistral a cargo do cociñeiro Adrián Albino, do restaurante vigués NIÑO CORVO, que preparou “longueirón en xel de mar, yuzu, codium e piparras”, “ameixa rubia con pesto e con queixo parmesano” e “suquet de camaróns e codium”, facendo as delicias do alumnado e mestrado asistente, e que respondeu preguntas sobre o oficio de cociñeiro e o que hai Acción incluída no PPeC 2022 da OPP20 cofinanciada por detrás do seu éxito, que en breve se verá recompensado coa apertura dun novo local máis amplo na zona vella de Vigo.

A primeira parada deste O segredo do bo gastrónomo foi o 18 de novembro na Escola de Hostalería Paseo das Pontes en A Coruña e a última parada será na Escola de Hostalaría de Vilamarín, na provincia de Ourense, o 5 de decembro.