Mofa e Befa levan á Illa o seu espectáculo 'Pirolítico' dirixido por Clara Gayo

Terá lugar este xoves, 16 de marzo, no Auditorio municipal ▶ As entradas están xa á venta a través cun prezo de 10 euros
Mofa e Befa Piroliticos Seleccion. DS
photo_camera Mofa e Befa Piroliticos Seleccion. DS

O Auditorio de A Illa de Arousa acolle este venres o último espectáculo de Mofa e Befa, Pirolítico, dirixido por Clara Gayo. As entradas, cun prezo de 6 euros, están xa á venta anticipada a través de Woutick e a 10 euros o mesmo día da función na billeteira, unhas horas antes do comezo do espectáculo, previsto para eeste xoves 17 ás 20.00 horas.

Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa e Befa, o espectáculo, en lingua galega, ten unha duración de 90 minutos e está recomendado para maiores de 13 anos. A obra está escrita por Clara Gayo, Lucía Aldao e María Lado, novas incorporacións femininas que acompañan aos artistas (Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo) en Pirolíticos, unha proposta que, sen renunciar ao teatro que Mofa e Befa sempre ofreceron, ábrese a novas perspectivas, mantendo a estrutura, o estilo e as intencións “didácticas” que sempre caracterizaron a este dúo.

O cartel da obra amosa aos dous actores practicando “guitar hero” con fregona e escoba adiantando a importancia do aspecto musical nun equipo con música específica de Piti Sanz, espacio escénico de Marcelino de Santiago (Kukas), lumínico de Octavio Mas, vestiario de Xulia Brens, grafismo de Natasha Lelenco, fotografía de Sabela Eiriz, vídeo de Sonia García (Seimeira), e producción de Rubén G. Pedrero, baixo a dirección de Clara Gayo.

Pirolíticos ofrece unha instrutiva oportunidade sobre todo aos homes que asistan ao espectáculo, para reflexionar, comprender e asumir os novos conceptos que o feminismo vén achegando desde o século pasado. A “pirólise” dos fornos modernos serve aquí de punto de partida alegórico para unha serie de escenas (ou petiscos teatrais), que retratan e parodian esas vellas masculinidades que deberían estar xa ao bordo da extinción, pero que continúan manifestándose no día a día.