A Illa organiza este sábado un xogo fotográfico para descubrir o municipio

Praia de Espiñeiro en A Illa de Arousa. CEDIDA
A actividade terá unha duración aproximada de dúas horas e farase por equipos

A Concellería de Cultura da Illa de Arousa organiza este sábado, 23 de setembro, un xogo fotográfico con múltiples probas para adiviñar e descubrir lugares do municipio a travé de fotografías.

A saída terá lugar na praza do Regueiro ás 11.00 da mañá. Para comezar, as persoas participantes deberán dividirse en grupos coa mesma cantidade de integrantes. Despois, asignaranse as pistas a cada equipo. A actividade terá unha duración aproximada de dúas horas e está prohibido empregar calquera transporte público ou privado. 

Os interesados precisarán de roupa cómoda, un bolígrafo e un teléfono móbil con cámara. O premio está valorado en 100 euros a gastar na librería Castelao.