O documental 'Ciudad de la Selva' chega á Illa con debate trala proxección

O director do audivisual, Miguel Riaño, explicará dende as 20.00 no Auditorio municipal os achados e investigacións previas que permiten agora divulgar este importante anaco da historia galega
Imagen del documental 'Ciudad de la Selva'. DS
photo_camera Imagen del documental 'Ciudad de la Selva'. DS

Tan so uns meses despois da súa estrea oficial chega ao Auditorio de A Illa de Arousa a proxección de Ciudad de la Selva. Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio, un documental de Miguel Riaño centrado no refuxio que a guerrilla creou nos montes de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, un lugar no que viviron entre 1941 e 1946 arredor de medio centenar de persoas de xeito estable, segundo as conclusións as que chegou Sputnik Labrego, o colectivo que excavou o lugar en función dos achados na zona.

Durante 70 minutos, a obra conta a historia dos fuxidos do réxime franquista en torno a esta poboación galega de Casaio. Nestes montes exponse unha resistencia activa contra o fascismo grazas ao apoio de membros das comunidades locais, mentres son perseguidos polas forzas da Garda Civil. En Ciudad de la Selva amósase, a través dunha análise historiográfica, arqueolóxica e testemuñas de protagonistas dos feitos, o estudo das causas que levaron a crear este enclave de resistencia, de igual modo que os medios dos que se valían para subsistir, como afectaban os seus actos aos civís da localidade ou o papel da muller dentro da guerrilla.

Miguel Riaño estará presente na proxección, este sábado ás 20 horas, para promover un faladoiro que permita contribuir a divulgar este anaco da historia recente galega e analizar aspectos curiosos como as fórmulas de financiación deste asentamento de desplazados desde distintos puntos de Galicia e Asturias, opositores ao reximen franquista. Testemuñas e achados permitiron a un grupo multidisciplinar de investigadores reconstruir a historia destas persoas e saber que aconteceu nos montes de Casaio desde que se formou o poboado ata o cruento final da guerrilla a mans da garda civil en 1946. A entrada pode adquirirse en billeteira ao prezo de 4 euros.