A Deputación destina 95.000 euros para a contratación de 10 persoas desempregadas

Luis López durante unha Xunta de Goberno da Deputación. DS
Así o anunciou o presidente Luis López, que explicou que o ente provincial concede 2,3 millóns de euros para 15 concellos da provincia dentro do Plan +Provincia

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno destinar máis de 2,3 millóns de euros para que 15 concellos da provincia contraten a 172 persoas desempregadas ao abeiro da liña 3,de activación do emprego, do Plan + Provincia.

Estas axudas chegarán á Illa de Arousa, que recibirá un montante de 95.000 euros para que 10 persoas traballen como operarios de servizos múltiples (8), auxiliar administrativo (1) e guía-informador turístico (1).