O Concello sustituirá a pasarela do Naval por unha beirarrúa a nivel co muro de contención

A Concellalía de Servizos acometerá os traballos con fondos propios e persoal municipal
Pasarela do Naval na Illa de Arousa. DS
photo_camera Pasarela do Naval na Illa de Arousa. DS

A Concellalía de Servizos programa a renovación da pasarela do Naval, unha actuación que o Concello de A Illa acometerá con fondos propios e con persoal municipal unha vez que conte con todos os informes sectoriais necesarios. O Concello leva aproximadamente un ano traballando na tramitación administrativa destes informes, necesarios polas diferentes proteccións e servidumes que afectan ao municipio.

A actuación prevista consiste na retirada da actual pasarela duns 200 metros de lonxitude e deseñada sobre o mar. Trátase dunha infraestrutura levantada xa polo goberno local hai cerca de 15 anos e que a pesar ter sido obxecto de actuacións de mantemento, requiere agora unha renovación por unha cuestión de seguridade. Así o considera o edil de Servizos, Luis Arosa, que retirará toda a madeira da pasarela para sustituila por unha beirarrúa a nivel co muro de contención.

A maiores a obra prevista no Naval inclúe o repintado da estrada e a reorganización do tráfico rodado neste vial.

“A pasarela está a sufrir con estes temporais e é urxente executar estes traballos, que xa tiñamos previstos desde hai semanas pero que se están a retrasar a causa do tempo. Confiamos en que a finais deste mes de xaneiro esté xa retirada a pasarela”. Para Luis Arosa é fundamental que o perímetro da Arousa esté dotado de sendas, pasarelas e beirarrúas en bo estado de conservación, xa que son un elemento imprescindible para favorecer os  hábitossaudables entre a poboación.