O Concello recibe o informe favorable de Costas para a reforma no entorno do Naval

A Concellalía de Servizos acomete os traballos con fondos propios e persoal municipal
Obras en O Naval. DS
photo_camera Obras en O Naval. DS

O goberno local de A Illa recibe o informe favorable do Servizo Provincial de Costas do Estado para a reforma integral do entorno do Naval. Ainda que o Concello contaba coa autorización verbal deste departamento o concelleiro de Servizos, Luis Arosa, a confirmación por escrito avala a decisión adoptada a polo goberno local de retirar a pasarela de madeira con premura debido ao seu avanzado estado de deterioro, que poñía en risco a seguridade das persoas usuarias. O Concello leva tempo traballando na tramitación administrativa dos informes sectoriais, necesarios polas diferentes proteccións e servidumes que afectan ao municipio.

Tralo desmontaxe da pasarela e da barandilla, operarios municipais traballan estes días en darlle forma a unha nova beirrarúa en formigón e ao acondicionamento da estrada, na que se manterán o mesmo número de plazas de aparcamento que estaban operativas ata agora. A beirarrúa estará protexida por unha barandilla metálica de acero inoxidable para garantir a seguridade peonil.

“Desmontamos a pasarela antes de que chegara o informe favorable de Costas porque a seguridade das persoas é a máxima prioridade para nós e había tramos de madeira moi danados”. Para Luis Arosa é fundamental que o perímetro da Arousa esté dotado de sendas, pasarelas e beirarrúas en bo estado de conservación, xa que son un elemento imprescindible para favorecer os hábitos saudables entre a poboación. Agora confía en que a climatoloxía lles permita axilizar a execución dos traballos.