Persoal da Concellalía de Servizos da Illa de Arousa encargase estes días da retirada dun verquido puntual aparecido na contorna do Con do Forno, donde apareceron restos de electrodomésticos e outros residuos. Operarios do mesmo departamento retiraron hai uns días outro verquido puntual preto dunha praia do municipio.
Tanto o concelleiro de Servizos, Luis Arosa, como a edil de Medio Ambiente, Gabriele von Hundelshausen, fan un chamamento á poboación para que utilicen tanto o Punto Limpo como o servizo de recollida de voluminosos a domicilio. Unha chamada ao 616 763 544 é suficiente para que persoal municipal se desprace ao domicilio particular no que hai que recoller os enseres, encargándose do seu tratamento ata o seu traslado á planta de reciclaxe correspondente.
En canto aos restos de obra, de poda ou calquer outro tipo de residuos o Concello insta a utilizar o Punto Limpo, aberto os martes, xoves e sábado de 09.00 a 14.00, no Monte das Formigas, donde serán clasificados e tratados de axeitadamente.
Estas instalacións están tamén a disposición da cidadanía para que poida desfacerse de colchóns vellos, pinturas, barcines, pilas, disolventes e restos de poda. No caso deste último residuo, alí será triturado para a obtención do estruturante que será empregado tanto nos centros de compostaxe comunitaria como nos composteiros particulares. A intención do Concello é evitar que os restos de poda acaben sendo queimados nas fincas ou saturando os contedores da fracción resto, evitando así emisións innecesarias á atmosfera ao tempo que se saca proveito dun recurso tan valioso como é a biomasa. “Si de algo podemos presumir na Arousa é de estar sempre entre os municipios mellor situados en canto a cifras de reciclaxe”, apunta o concelleiro de Servizos. “Non é habitual que se produzan verquidos incontrolados, máis ben son casos illados, pero é que non ten que haber ningún. Manter limpos os nosos montes e as nosas costas é unha responsabilidade de todos nós”, conclúe Luis Arosa.