O Concello asume con persoal propio a eliminación da maleza na media da PO-299

O goberno local recorda á Consellería que está pendente a iluminación dun tramo neste vial, demandada por uninimidade pola corporación
PO-299 A Illa de Arousa. GSV
photo_camera O Goberno local comezou os traballos de limpeza do tramo da PO-299. GSV

"As prantas ornamentais da mediana na carretera PO-299 medraron ata alcanzar un tamaño que impide a visibilidade dos vehículos convertendo o tránsito por esta vía nun perigo tamén para os peatóns". Así explica o concelleiro de Servizos, Luis Arosa, a decisión do goberno local de limpar e adecentar a mediana dunha estrada de titularidade autonómica. “A Xunta non sabe donde queda A Illa de Arousa. Por non vir, aquí non veñen nin a limpar as herbas das medianas, deixan que se faga unha selva”, apunta o edil.

Numerosos conductores e usuarios en xeral deste vial trasladaron ao Concello os riscos derivados da falla de visibilidade debido a que mediana estaba chea de maleza. Operarios municipais asumiron as tarefas devolvendo á mediana da PO-299 un aspecto limpo e ordeado.

Desde o goberno local aproveitan para recordar á Xunta a demanda de iluminación deste vial ata o Aguiuncho. A petición foi aprobada por uninanimidade dunha sesión. “Démoslle traslado á Xunta pero nada se supo. Volveremos recordarllo e confiamos en que asuman as súas competencias e instalen a iluminación que corresponde”.

Luis Arosa recorda que o tramo iluminado foi instalado tamén polo Concello ante o “pasotismo” da Xunta, e reitera a urxencia de rematar a actuación coa colocación de luminarias nun trazado que non supera os 800 metros.

“Si facemos un repaso polas infraestruturas da Xunta na Illa, desde a ponte de entrada ata o estado dos portos, comprobamos que levan moitos anos sen facer investimento ningún nin en mantenemento nin en conservación. Para a Xunta, a veciñanza da Arousa está claro que é de segunda”, sinalou. Arosa insiste no mal estado da estrada PO-307; na suciedade do Paseo do Cantiño; no abandono do porto de O Xufre ou a retirada do servizo de pediatría no centro arousán para reclamarlle á Xunta que “non lle negue á Arousa o que por dereito nos corresponde”.