Carlos Iglesias incorpórase áo traballo na alcaldía tralo suceso do pasado sábado

O alcalde tilda o acontecido como un “feito illado” ao que resta trascendencia e céntrase xa en contactar con Portos tralo desplome do Paseo do Cantiño “que é o que importa agora mesmo”
La comitiva institucional realizó la visita bajo la lluvia. DS
photo_camera Carlos Iglesias en una de sus visitas insticucionales. DS

O alcalde de A Illa, Carlos Iglesias, reincorporouse esta mañán as súas tarefas ao fronte da Alcaldía aínda convalecente das lesións que sufríu esta fin de semana na rúa tras sufrir a agresión por parte dun veciño da localidade, incidente que cualificou como “feito illado” e ao que quere restar toda a importancia. “O importante é traballar pola veciñanza da Illa de Arousa, isto non pasa de ser unha anécdota desagradable”. “Aínda que non podo aceptar este tipo de comportamentos asumo a miña obriga, como alcalde, de seguir traballando e apelo ao entendemento, ao respecto e ao diálogo, porque todos e todas somos veciños”.

Carlos Iglesias, que tilda o acontecido como “un mal momento”, quere deixar claro que o ocurrido non o desanima en absoluto a continuar traballando polas veciñas e veciños de A Illa e que, por suposto, as portas da Alcaldía se manterán abertas, ao igual que o estiveron nestes últimos 8 anos, para todas aquelas persoas que lle queiran trasladar calquer cuestión ligada ao traballo municipal. “Eu seguirei atendendo a todo o mundo, porque non concibo o meu traballo na Alcaldía doutro xeito”. “Antes que alcalde son un veciño máis”, subliñou.

Eu seguirei atendendo a todo o mundo, porque non concibo o meu traballo doutro xeito

Sitúa o ocurrido como un “feito illado” que non ten máis percorrido e engade que para el “está esquecido”. Apunta que esta mañán de luns transcurreu xa coa normalidade de traballo habitual na Alcaldía, centrada na resolución de problemas urxentes. Carlos Iglesias trata desde primeira hora da mañá de poñerse en contacto con Portos de Galicia para trasladarlle o malestar do Concello da Illa polo desplome durante a fin de semana do Paseo do Cantiño, unha infraestrutura en avanzado estado de deterioro sobre a que o goberno local ven solicitando a atención do ente autonómico desde hai meses, sen obter resposta. “Estas son as cousas que interesan á veciñanza”, recalcou, “os temas importantes e nos que temos que centrarnos. Está en xogo a seguridade das persoas usuarias dese Paseo e Portos está desatendendo as súas responsabilidades e competencias nesta infraestrutura”, conclúe Carlos Iglesias.

Finalmente, o alcalde da Illa agradece as numerosas mostras de apoio recibidas tanto da veciñanza como de persoas e colectivos de Galicia e mesmo de fóra de Galicia.