'As Bestas' proxectarase este venres no Auditorio Municipal da Illa

A sesión terá lugar ás 20.00 horas cun prezo de entrada de 3,5 euros
Luis Zahera nunha das escenas da película 'As bestas'. DS
photo_camera Luis Zahera nunha das escenas da película 'As bestas'. DS

O Auditorio de A Illa volve conxurarse co cine galego na proxección este venres 14 de abril, ás 20.00 horas, da película As Bestas que, como xa sucedera con Matria, pon as entradas á venta ao prezo de 3,5 euros a través do enlace, reservando 50 para a súa venta directa na billeteira un anaco antes do comezo da proxección.

A este thriller inspirado nun crime real aválano as súas dezasete nominacións aos Premios Goya 2023 e os nove galardóns obtidos tralo seu estreno no Festival de Cannes. A alabada interpretación de Luis Zahera e unha marcada tensión dramática toman o pulso desta película ambientada no rural que recrea un desagradable suceso acontecido no interior galego.

A trama, inspirada nun suceso real, aborda a profundidade da maldade inseparable da condición humana. Antoine e Olga son unha parella francesa que se instalou hai tempo nunha aldea do interior de
Galicia. Alí levan unha vida tranquila, ainda que a súa convivencia cos lugareños non é tan idílica como desexarían. Un conflicto cos seus veciños, os irmáns Anta, fará que a tensión medre na aldea ata alcanzar un punto sen retorno.

A concelleira de Cultura, Rosi Viana, convidou a toda a veciñanza a achegarse este venres ao Auditorio e desfrutar desta proxección "de alta calidade" protagonizada por un actor, Luis Zahera, 2que busca refuxio na Arousa nos seus momentos de descanso".