Aberto o prazo de inscipción para as comparsas e recollida de materiais do entroido

Os grupos participantes recibirán axudas municipais que van desde os 400 euros para os locais ata os 150 euros para os que se participen por primeira vez
Imagen de archivo del entroido de Pontevedra. DAVID FREIRE
photo_camera Imagen de archivo del entroido de Pontevedra. DAVID FREIRE

As Concellalía de Festas, Cultura e Servizos comezan xa a traballar na organización do Entroido 2023 coa apertura do prazo de inscripción das comparsas e grupos participantes e co deseño dunha programación que se prolongará durante seis días.

A inscripción abre o prazo tamén para que as comparsas participantes recollan os materiais que precisen para armar as súas carrozas. Como en anos anteriores o cartón será suministrado polo Concello e o resto de materiais poderán ser retirados nas ferreterías e tendas de efectos navais de costume.

As bases que regularán a participación no entroido arousán están ainda perfilándose pero o concelleiro de Servizos, Luis Arosa, adianta que as aportacións en metálico serán tamén similares ás da edición anterior con 400 euros para os grupos locais; 300 euros para as que leven 4 anos participando na programación arousana e 150 para as novas comparsas.

Luis Arosa recorda ás comparsas a obriga de participar polo menos en dúas das convocatorias lúdicas que se organicen na programación así como no Desfile do domingo de Entroido para percibir as mencionadas cantidades económicas. Insiste tamén na obrigatoriedade de que os participantes cumpran coa corrección no comportamento xa que calquier altercado ou alteración suporá a pérdida das axudas económicas municipais.